Ruibarbo
Ruibarbo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas e pecíolos do ruibarbo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Rheum rhabarbarum L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 88 kJ (21 kcal) |
4.54 g | |
Azucres | 1.1 g |
Fibra alimentaria | 1.8 g |
0.3 g | |
0.8 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 2% 0.02 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.03 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.3 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 2% 0.085 mg |
Vitamina B6 | 2% 0.024 mg |
Ácido fólico (B9) | 2% 7 μg |
Colina | 1% 6.1 mg |
Vitamina C | 10% 8 mg |
Vitamina E | 2% 0.27 mg |
Vitamina K | 28% 29.3 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 9% 86 mg |
Ferro | 2% 0.22 mg |
Magnesio | 3% 12 mg |
Manganeso | 9% 0.196 mg |
Fósforo | 2% 14 mg |
Potasio | 6% 288 mg |
Sodio | 0% 4 mg |
Cinc | 1% 0.1 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O ruibarbo (Rheum rhabarbarum L.) é unha planta cultivada comestíbel moi utilizada como fitoterápico. Provén do nordés de Europa - Asia (Ucraína). Acada os tres metros de altura e consta de follas con pecíolos grosos arroibados e comestíbeis. O seu consumo en Europa é bastante popular, mais non en Galiza.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O nome é unha combinación do grego rha e de barbarum; rha reférese tanto á planta como ao río Volga, de onde supostamente é orixinaria.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Acada até tres metros de altura e consta de follas con pecíolos grosos e carnoso de (normalmente) entre 2 e 5 centímetros de groso. A cor do pecíolo varía entre o verde e o vermello e é a única parte comestíbel, xa que as súas follas son tóxicas, pois teñen forte concentración de ácido oxálico, nefrotóxico e corrosivo.[2] Estas follas están dispostas en grupos basais, son cordadas e palmadamente bilobulares. O seu talo subterráneo é un rizoma que lle serve para almacenar nutrientes durante o invierno. As flores teñen tonalidades que varían entre o vermello amarelado e o verde abrancazado, agrupadas ao tamaño dun talo alto, e que aparecen durante o verán.
A planta vive varios anos e desaparece no inverno antes de aparecer novamente na primavera. A súa colleita non debe pasar o principio do verán porque a medida que máis medra, máis contido de ácido oxálico ten, polo que resulta incomestíbel.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinario de Asia, ten sido usado como planta medicinal dende hai milleiros de anos, principalmente na medicina chinesa. O ruibarbo tamén era moi utilizado e vendido polos viaxantes da ruta da seda. Como alimento comezou a ser utilizado por volta do século XIII, cando chegou a Gran Bretaña. Aínda hoxe é na Gran Bretaña onde se produce e consome a maior parte do ruibarbo. Tamén se consome en Francia.
Propiedades e indicacións terapéuticas
[editar | editar a fonte]Dixestivo, estimulante do fígado, estomáquico, laxante en doses superiores a 2g e antidiarreico en doses de até 300 mg (raíces). Indicado para atonía gástrica acompañada de presión de ventre. Diminúe a absorción de ferro. Esa droga asociada ao ácido acetil salicílico (AAS) pode causar xenxivite e estomatite.
Segundo algúns especialistas non é recomendábel para quen teña cálculo renal ou gota debido ao seu alto contido de oxalato (por mor do 10% de taninos presentes).
Alimento
[editar | editar a fonte]Na gastronomía adoita usarse en sobremesas. Pode consumirse cru, directamente ou adobándoo como ensalada e tamén cocido, en forma de compota, marmelada ou como recheado de empanadas doces (tortas de ruibarbo).
Polo seu alto contido de antraquinonas os seus extractos son utilizados para o tratamento das carouquexas e outras afeccións das mucosas bucais e as súas infusións úsanse coma laxantes.[3] Tamén é utilizado en purgantes, en particular para desparasitar. Non se teñen sinalado danos irreparábeis na dentición, mais se recomenda consumir o ruibarbo con alimentos que conteñan calcio, como o leite ou o iogur.