Rubén Riós
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (44/45 anos) Riós, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Sitio web | rubenriosoficial.com |
Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido como Rubén Riós, nado en Riós en 1980, é un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no mundo da televisión, con diversas colaboracións e intervencións puntuais en programas da Televisión de Galicia. Deuse a coñecer amplamente co programa de humor O rei da comedia e sobre todo coa serie de ficción Libro de familia (2005). En paralelo, foi completando a súa formación teatral co actor e director Vicente Montoto. Traballou na serie da TVG Matalobos no papel de Salva.
Deu o salto ao cinema como Martiño, un dos protagonistas de Pradolongo (2007), filme de Ignacio Vilar. Ese ano dirixiu a curta Adeus Edrada?.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Libro de familia, 2005-2011
- O bosque de Levas, 2007
- A mariñeira, 2007
- Oculta identidade, 2008
- Pradolongo, 2008
- Mínimo común múltiplo, curta de 2009
- Matalobos, 2009-2010
- Vilamor, 2012
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubén Riós |