Rosario Sarmiento
Aparencia
(Redirección desde «Rosario Sarmiento Escalona»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Santander, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | crítico de arte, comisaria de arte, xestora cultural |
Sitio web | rosariosarmiento.gal |
Rosario Sarmiento Escalona, nada en Santander en 1957, é crítica de arte, comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo en Galicia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1979. Ten ampla experiencia profesional como xestora cultural, dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia (1996-2014) e foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia (2005-2011). Dirixiu o documental Arte Muller Galicia,[2] que recibiu o Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña no ano 2018.
Coordinou a exposición Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada (2021).
Obra
[editar | editar a fonte]- María Antonia Dans (Deputación da Coruña, 2022).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rosario Sarmiento Escalona". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2024-08-27.
- ↑ ""A desigualdade existe en todos os ámbitos sociais, e na cultura é exactamente igual"". Praza Pública. 2019-03-11. Consultado o 2024-08-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rosario Sarmiento Escalona na páxina web do Consello da Cultura Galega.