Roberto Blach Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1996 (28 anos) Arteixo, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Familia | |
Pai | Roberto Blach González |
Roberto Blach Núñez, tamén coñecido como Roberto Blach Jr., nado en Arteixo o 16 de febreiro de 1996, é un piloto de rallys galego, que compite no Campionato do Mundo de Rally Júnior. É fillo do expiloto Roberto Blach González.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a correr en karts aos 12 anos e anos máis tarde pasou aos rallys, seguindo os pasos de seu pai.[1] Tras participar nalgunhas probas de exhibición en Portugal, debutou no Rally de Narón de 2014, a bordo dun Ford Fiesta R2 e con Diego Vallejo como copiloto, rematando no 17ª lugar. Ese mesmo ano correu o Rally Comunidade de Madrid, do Campionato de España, certame no que participou habitualmente nos seguintes anos. En 2015 e 2016 foi subcampión do Campionato de España Júnior, en ambas ocasións por detrás do asturiano Ángel Paniceres.
En 2018 proclamouse campión da primeira edición da Peugeot Rally Cup Ibérica, conducindo un Peugeot 208 xunto a José Murado.[2] En 2022 conseguiu o seu primeiro podio absoluto nun rally, acabando segundo no Tramo Cronometrado Tierra Villa de Félix, do Campionato Andaluz de Terra.
En 2023 pasou a competir no Campionato do Mundo de Rally Júnior, de novo cun 208 e tendo como copiloto ao tamén arteixán Mauro Barreiro. Rematou o certame na cuarta posición, empatado a 69 puntos co irlandés Eamonn Kelly.[3] Ese mesmo ano quedou segundo no Rally de Ferrol, do Campionato de Galicia, sendo superado só polo piloto máis laureado da historia do certame, Víctor Senra.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iglesias, Ana (11 de febreiro de 2023). "Roberto Blach: «Si hace diez años me dicen que correría el Mundial, no me lo creería»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2023.
- ↑ Villarín, Nacho (18 de novembro de 2018). "Blach honra a su padre proclamándose campeón del 'nuevo' desafío Peugeot". Marca (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2023.
- ↑ "Campionato do Mundo de Rally Júnior 2023". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2023.
- ↑ "Dominio absoluto de Víctor Senra no Rally de Ferrol". Televisión de Galicia. 20 de agosto de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023.