Saltar ao contido

Roberto Alonso Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Alonso Díaz
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Provincia de Cienfuegos, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte1948 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 261

Roberto Alonso Díaz, coñecido como Barbas, nado en Cienfuegos (Cuba) en 1913 e finado en 1948, foi un guerrilleiro galego antifranquista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de pais galegos de Vilalba, naceu na emigración cubana en Cienfuegos. Retornou a Galicia e participou na Guerra Civil no bando republicano onde acadou o grao de sarxento.[1] Botouse ao monte tras a caída do Fronte Norte en 1937 e organizou o seu propio grupo guerrilleiro con base na Serra de Meira e que actuaba entre Mondoñedo e Vilalba. Tiña como lugartenente a Perfecto Requeijo Rouco "O Tarrelo". Ambos acompañaron nalgunhas accións a Luís Trigo Chao "O Guardarríos". Detido en Lugo, en xaneiro de 1948,[1] sometérono a tortura para que revelase onde se agochaba a súa partida e logo matárono.

  1. 1,0 1,1 Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 165. ISBN 84-7507-320-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 165. ISBN 84-7507-320-4. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.