Saltar ao contido

Robert Topala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Topala
Nome orixinal(sv) Robert Nicholas Christian Topala Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoRobert Nicholas Christian Topala
23 de febreiro de 1987 (37 anos)
Suecia
Outros nomesRobert Topala, RobTop, RubRub.[a]
País de nacionalidadeSueca
Q89547790Creador de Geometry Dash.
Actividade
OcupaciónDesenvolvedor, deseñador, animador e músico de videoxogos.
Premios
Botóns de YouTube
100 000 subscritores
1 000 000 subscritores
10 000 000 subscritores

Sitio webrobtopgames.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: RobTopGames Youtube: UCz_yk8mDSAnxJq0ar66L4sw Editar o valor en Wikidata

Robert Nicholas Christian Topala, nado o 23 de febreiro de 1987 en Suecia é un desenvolvedor, deseñador, animador e músico de videoxogos sueco coñecido por ser o creador de Geometry Dash e os xogos derivados do mesmo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu xogando a videoxogos, en especial a Super Mario Bros., o que lle fixo interesarse polos mesmos. Este interese, principalmente nos videoxogos de plataformas causado por Super Mario foi o que anos despois inspiroulle á creación dos proxectos coma Geometry Dash entroutros.[1]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Aínda que RobTop é coñecido por Geometry Dash non foi o primeiro videoxogo que creou. Anos antes, creara moitos outros proxectos, pero dos que non se ten moita información.

Comezou a súa carreira coma desenvolvedor no sitio web de Newgrounds creando diversos proxectos. O primeiro que se coñece foi a animación «Constant Struggle» creada o 18 de decembro de 2007, cando asociouse con dous amigos para crealo. Mencionou anos despois nunha entrevista que «podería ser un proxecto divertido e que inclusive podería xerar un pouco de diñeiro», polo que non era só un pasatempo.[2]

Anos despois, seguía a usar Newgrounds, sendo outra das súas creacións máis notables a creada o 6 de xuño de 2010, o videoxogo de plataformas web Bounce Ball Thingy. Este foi ademais o último proxecto que desenvolveu mentres estudaba na universidade enxeñaría civil, pois máis tarde a abandonará polo seu interese na industria dos videoxogos.[1]

Rune Digital e RobTop Games

[editar | editar a fonte]

Dous anos despois fundou a compañía de videoxogos Rune Digital (tamén coñecida como Rune Digital Handelsbolag).[3] Ese mesmo 2012 xa estaban a desenvolver o videoxogo de plataformas de dispositivos móbiles (iOS e Android) Forlorn que gañou o Premio sueco de videoxogos, da categoría «Mellor videoxogo de teléfono móbil de 2012», que extrañamente nunca se lanzaría.[4] Ao ano seguinte tamén comenzaron o desenvolvemento de Kingdom Escape, pero que eventualmente tampouco se lanzou.[5]

Pouco tempo despois do desenvolvemento de Kingdom Escape Topala decidiu separarse da compañía, fundando en solitario RobTop Games, da que a día de hoxe segue pertencendo. O primeiro videoxogo que desenvolveu na compañía foi Boomlings, un xogo cun estilo parecido ao Candy Crush Saga aínda que cunhas mecánicas e habilidades especiais diferentes. Pouco despois lanzaría o spin-off Boomlings MatchUp e Memory Mastermind.[6][7][8]

O mesmo ano do lanzamento de Boomlings e Memory Mastermind anunciaría o 29 de abril de 2013 Geometry Jump, que máis tarde pasaría a denominarse Geometry Dash, por problemas de dereitos de autoría na App Store (iOS).[9] Cos poucos coñecementos básicos de código de programación que foi aprendendo ao longo da súa carreira, lanzaríao o 13 de agosto de 2013 para dispositivos móbiles, e o 22 de decembro de 2014 para a plataforma de distribución dixital Steam (Microsoft Windows e macOS).[2][10][11]

Mencionou nunha entrevista que, en realidade, o desenvolvemento de Geometry Dash foi improvisado. Comezou como unha pantalla dun cubo que podía estrelarse e saltar dependendo de certas interaccións. Este pequeno desenvolvemento e a súa paixón polos xogos plataforma foron o que o impulsaron a engadir cada vez máis contido, ata o xogo do lanzamento, que en realidade non sería a versión final, pois seguiría a actualizalo ata día de hoxe.[1]

O punto de inflexión para o xogo foi coa actualización 1.9, que volveu a colaborar con Newgrounds para incluír un sistema de música personalizada nos niveis.[12]

Uns anos despois da dita actualización, Topala xunto cun familiar seu, Nicolaeu Topala, fundarían Fäbodarna AB, compalía adicada a posuír e administrar inmobles de cabalos deportivos e a súa cría, procesamento e venda.[13]

Videoxogos

[editar | editar a fonte]
Ano Videoxogo Plataforma Rol Plataforma Ref(s)
2012 Boomlings
iOS, Android
Distribuídor, desenvolvedor e deseñador
 Non
[14][15]
2013 Memory Mastermind [7]
Boomlings MatchUp [16][8]
Geometry Dash
iOS, Android, Steam (2014) en Microsoft Windows e macOS
 Si
[11][10]
Geometry Dash Lite
iOS, Android
[17]
2015 Geometry Dash Meltdown [18][19]
2016 Geometry Dash World [20][21]
2017 Geometry Dash SubZero [22][23]
  1. Estes alcumes teñen diferentes orixes. Robert Topala coma un hipocorístico do seu nome, RobTop coma acrónimo do seu nome real (Robert e Topala) e RubRub é a firma que usa para os seus comunicados.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Dormehl, Luke (27 de xuño de 2014). "Smart strategies fuel Geometry Dash’s slow jog to success". Cult of Mac (en inglés). 
  2. 2,0 2,1 "Prioritize players and their experience to succeed in gaming". Gamasutra (en inglés). 2 de novembro de 2015. 
  3. "Rune Digital Handelsbolag". Ratsit. 7 de febreiro de 2012. 
  4. "Forlorn - Best Mobile Game". Premios suecos de Videojuegos. Véase la columna de 2012, y tercera ficha (en inglés). 
  5. "Rune Digital Team". Google Drive (en inglés). 16 de outubro de 2018. 
  6. "Boomlings by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 5 de novembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "Memory Mastermind by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 17 de xaneiro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 "Boomlings MatchUp by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 5 de febreiro de 2013. 
  9. "Upcoming game". XDA Developers (en inglés). 29 de abril de 2013. 
  10. 10,0 10,1 "Geometry Dash is out on Steam!". Twitter. (Tuit) (en inglés). 22 de decembro de 2014. 
  11. 11,0 11,1 "Geometry Dash by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 13 de agosto de 2013. 
  12. RobTop (1 de febreiro de 2017). "Geometry Dash Newgrounds" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  13. "Fäbodarna AB". allabolag.se. 13 de marzo de 2017. 
  14. Caplan, Lisa (24 de maio de 2012). "Boomlings Review". 148Apps (en inglés). 
  15. Rasto (7 de novembro de 2012). "Boomlings Review (Android)". AndroidEntity (en inglés). [Ligazón morta]
  16. Conner, Chris (23 de marzo de 2013). "BoomLings MatchUp! – Review". iPhoneGamerUK. 
  17. "Geometry Dash Lite is out". XDA Developers (en inglés). 15 de setembro de 2013. 
  18. Nelson, Jared (16 de decembro de 2015). "'Geometry Dash Meltdown' Trailer Released, Coming December 19th". TouchArcade (en inglés). 
  19. "Geometry Dash Meltdown Review: Squarely A Challenge". GameZebo. Review por Tom Christiansen. (en inglés). 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  20. Crider, Michael (26 de decembro de 2016). "Geometry Dash World expands on the frantic music-runner gameplay of the original". Android Police (en inglés). 
  21. "Geometry Dash World Review: It’s A Mad World". GameZebo. Review por Harry Slater. (en inglés). 1 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  22. Sholtz, Matthew (22 de decembro de 2017). "'Geometry Dash SubZero' is the latest stand-alone expansion for RobTop Games' Geometry Dash series". Android Police (en inglés). 
  23. Linares, Iván (26 de decembro de 2017). "Vuelve el juego de plataformas más simple y musical: Geometry Dash Subzero". El androide libre. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]