Robert Sarah
Robert Sarah, nado o 15 de xuño de 1945 en Ourouss (Guinea Francesa), é un cardeal da Igrexa Católica, prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos dende 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Robert Sarah naceu o 15 de xuño de 1945 en Ourouss, na colonia francesa de Guinea, predecesora da Guinea actual.
O 20 de xullo de 1969 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Conakry polo seu arcebispo Raymond-Maria Tchidimbo.
O 13 de agosto de 1979 foi nomeado arcebispo de Conakry, recibindo a consagración episcopal o 8 de decembro do mesmo ano de mans do cardeal Giovanni Benelli, arcebispo de Florencia, e sendo os co-consagrantes Luc Auguste Sangaré, arcebispo de Bamako; e Jean Pierre Marie Orchampt, bispo de Angers.
O 1 de outubro de 2001 o papa Xoán Paulo II nomeouno secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos. Anos máis tarde, o 7 de outubro de 2010, foi nomeado presidente do Consello Pontificio "Cor Unum" polo papa Bieito XVI. O mesmo papa, no consistorio do 20 de novembro de 2010 creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de San Giovanni Bosco in via Tuscolana.
O 24 de novembro de 2014 o papa Francisco nomeuno como novo prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos.
Obra
[editar | editar a fonte]- Le mariage et la famille chrétiens en contexte culturel africain (en francés). Editions IMC. 1989.
- La Guinée, une famille à construire (en francés). 1993.
- La formation permanente des fidèles laïcs (en francés). Editions IMC. 1994.
- Culture, démocratie et développement à la lumière de Centesimus annus (en francés). Editions IMC. 1998.
- Dieu ou rien: entretien sur la foi (en francés). Libro-entrevista con Nicolas Diat. Traducido ao alemán, castelán, inglés. Fayard. 2016.
- La force du silence: contre la dictature du bruit (en francés). Libro-entrevista con Nicolas Diat. Traducido ao castelán, inglés. Fayard. 2017.
- Le soir approche et déjà le jour baisse (en francés). Libro-entrevista con Nicolas Diat. Traducido ao castelán, inglés, polaco. Fayard. 2019.
- Jean-Paul II: visionnaire et prophète des temps modernes (en francés). Mame. 2020.
Sucesión episcopal
[editar | editar a fonte]Bispos consagrados por Robert Sarah
[editar | editar a fonte]- Vincent Coulibaly (1994)
- Emmanuel Félémou (2007)
- Barthélemy Yaouda Hourgo (2008)
- Joseph Befe Ateba (2008)
- Raphaël Balla Guilavogui (2008)