Saltar ao contido

Robert Rossen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Rossen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1908 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestchester Hills Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, dramaturgo, director teatral, director de cinema, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm0744035 Allocine: 1600 Allmovie: p109015 TCM: 165794 IBDB: 8415
BNE: XX1121819 Find a Grave: 6747322 Editar o valor en Wikidata

Robert Rossen, nado en Nova York o 16 de marzo de 1908 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1966 foi un director e guionista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como director no teatro, en producións do Off Broadway. Coa comedia The Body Beautiful impresionou tanto a Mervyn LeRoy que o contratou como guionista persoal en 1936. Entre 1937 e 1947 foi membro do Partido Comunista Americano o que o obrigou a abandonar algún proxectos en Hollywood.

Debutou como director en 1947 con Johnny O'Clock apoiado polo protagonista, Dick Powell. Dous anos despois, o seu filme All the King's Men gañou o Óscar ao mellor filme. No filme Rossen explica como os defensores da xente corrente poden converterse en novos explotadores. Unha xuntanza do Partido Comunista nos Ánxeles criticou o filme e levou a Rossen a romper totalmente as súas relación co partido. En 1950 dirixiu The Brave Bulls, estreado o ano seguinte, que foi o último filme que dirixiu antes de que o puxesen na lista negra, tras ser considerado unha das dezanove “testemuñas non amigables” na súa declaración perante o House Un-American Activities Committee en outubro de 1947.

Finalmente volveu recuperar o éxito en 1961 con O buscavidas. Cando comezou a rodaxe de Lilith estaba enfermo e tras acabar xa perderá interese en volver a dirixir. Faleceu en 1966.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme
1947 Johnny O'Clock
1947 Corpo e alma
1949 All the King's Men
1951 The Brave Bulls
1954 Mambo
1956 Alexander the Great
1957 Island in the Sun
1959 Chegaron a Cordura
1961 O buscavidas
1964 Lilith

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]