Robert Fisk
Robert Fisk, nado en Maidstone o 12 de xullo de 1946 e finado en Dublín o 30 de outubro de 2020,[1] foi un escritor e xornalista inglés-irlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun antigo soldado británico na primeira guerra mundial, Robert Fisk estudou en Inglaterra e Irlanda, comezando a traballar como correspondente de prensa en Irlanda, cubrindo o conflito do Ulster, e mais en Portugal. Desde 1976 é correspondente en Oriente Medio, primeiro para The Times e despois para The Independent,[2] recibindo máis premios que calquera outro correspondente británico no estranxeiro e logrou o premio ao mellor xornalista internacional sete veces e o premio de Amnesty International en 2000 polas súas reportaxes en Serbia durante os bombardeos da OTAN. Publicou varios libros e cubriu a Guerra Civil do Líbano (iniciada en 1975), a invasión soviética de Afganistán (1979), a Guerra Irak-Irán (1980-1988), a invasión israelí do Líbano (1982), a Guerra Civil Alxerina e a guerra dos Balcáns, tamén o conflito palestino-israelí, a Primeira Guerra do Golfo Pérsico (1990-1991) e a Segunda Guerra do Golfo Pérsico (2003). Falante de árabe,[3] foi un dos poucos xornalistas occidentais en entrevistar a Osama bin Laden, o que fixo en tres ocasións entre 1993 e 1997.[4][5]
Obra
[editar | editar a fonte]- The Point of No Return: The Strike which Broke the British in Ulster (1975). Londres: Times Books/Deutsch. ISBN 0-233-96682-X
- In Time of War: Ireland, Ulster and the Price of Neutrality, 1939–1945 (2001). Londres: Gill & Macmillan. ISBN 0-7171-2411-8 (1st ed. was 1983).
- Pity the Nation : Lebanon at War (3rd ed. 2001). Londres: Oxford University Press. ISBN 0-19-280130-9 (1st ed. was 1990).
- The Great War for Civilisation: The Conquest of the Middle East (2005) Londres. Fourth Estate. ISBN 1-84115-007-X
- The Age of the Warrior: Selected Writings (2008) Londres, Fourth Estate ISBN 978-0-00-727073-6
- Robert Fisk on Algeria (2013) Independent Print Limited
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Veteran Middle East correspondent Robert Fisk dies aged 74". The National (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ "Robert Fisk Biography". London: Independent. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 12 de novembro de 2012.
- ↑ "Listen to the Robert Fisk lecture – Activities – Faculty of Arts and Social Sciences – Kingston University London". Fass.kingston.ac.uk. Consultado o 21 de agosto de 2012.
- ↑ Robert Fisk: The Great War for Civilisation: The Conquest of the Middle Eastpp. 1–39 ISBN 1-84115-007-X
- ↑ "Honoured War Reporter Sides With Victims of Conflict". New Zealand Press Association. 4 November 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Columna en The IndependentArquivado 11 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Conversations with History:Robert Fisk University of California Television (en inglés)