Robert De Niro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Robert De Niro, nado o 17 de agosto de 1943 en Nova York, é un actor, director e produtor estadounidense de orixe italiana. Os seus primeiros papeis maiores foron nos filmes Toca con xeito ese tambor e Quérote, Nova Iorque, ambos de 1973. En 1974, interpretou a Vito Corleone en O padriño (II parte), un papel que lle valeu o Óscar ó mellor actor secundario.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado na Little Red School House, De Niro fixo o seu debut no cine na película francesa Three Rooms in Manhattan (1965) (como extra) e no 1968 en Greetings e Bloody Mama (dirixidas por Brian De Palma). Despois disto, fixo algúns papeis maiores e menores noutras películas con pouca repercusión, ata que gañou popularidade co seu papel en Toca con xeito ese tambor (1973). Empezou a traballar con Martin Scorsese o mesmo ano con Malas Calles. Outras películas de Scorsese nas que participou De Niro son Taxi Driver (1976), Nova York, Nova York (1977), Touro salvaxe (1980), The King of Comedy (1983), Cape Fear (1991) e Casino (1995). Na maioría destes filmes, De Niro interpretou personaxes emocionalmente inestables con tendencias sociopáticas. Mención á parte merece Taxi Driver, pois a súa actuación como Travis Bickle levouno á fama mundial e uniu para sempre o nome de De Niro co famoso monologo "Estas falándome a min?".
A mediados dos anos 80, De Niro empezou a facer papeis de comedia e tivo moito éxito neste xénero con películas como Brazil (1985), Midnight Run (1988), Wag the Dog (1997), Unha terapia perigosa (1999), Meet the Parents (2000) e Meet the Fockers (2004).
A finais dos 80 De Niro comezou a investir na área de Tribeca en Nova York incluíndo un estudio de cine e un festival de cine. De Niro admitiu máis tarde que algúns dos seus malos papeis que tomou nos 90 foron soamente para apoiar esas obras de caridade.
Gañou dous Oscar da academia, como mellor actor por Touro salvaxe, e como Mellor Actor Secundario por O padriño (II parte).
Curiosamente De Niro e Marlon Brando son os únicos actores que gañaron o Oscar interpretando o mesmo personaxe, Brando gañou por interpretar o vello Vito Corleone en O padriño (aínda que rexeitou o premio), mentres De Niro gañou o premio por interpretar o novo Vito en O padriño (II parte). Brando e De Niro non traballaron xuntos ata The Score (2001).
De Niro é comparado acotío co actor Al Pacino,[Cómpre referencia] co que traballou na película de Michael Mann Heat (1995). De Niro interpretaba unha versión máis nova do pai de Pacino en O padriño (II parte).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]De Niro casou dúas veces. Ten unha filla chamada Dreena e un fillo chamado Raphael da súa primeira muller Dianne Abbott, así como dous fillos, Julian Henry e Aaron Kendrick da súa relación coa antiga supermodelo Toukie Smith. Os nenos, que son xemelgos, foron concibidos con fecundación in-vitro. Raphael, anteriormente actor, dedícase agora ao mercado inmobiliario en Nova York. A finais do 2004, De Niro casou outra vez coa súa segunda muller Grace Hightower, unha antiga azafata dez anos máis nova.[Cómpre referencia] Tiveron un fillo, Elliot, en 1998. A parella pediu o divorcio por diversas disputas.
De Niro ten as súas principais residencias en Manhattan. De Niro apoia firmemente o Partido Demócrata, e prestou apoio explicitamente a Al Gore nas eleccións presidenciais do ano 2000, e a John Kerry nas do 2004. En 1998 pronunciouse en contra do "impeachment" ao presidente Bill Clinton como amigo persoal dos Clinton.
Posúe unha parte do restaurante Rubicon de San Francisco con Francis Ford Coppola e Robin Williams.[Cómpre referencia]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Actor ou director
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1965 | Three Rooms in Manhattan | Cliente do restaurante | Sen creditar |
1968 | Greetings | Jon Rubin | |
1969 | Sam's Song | Sam | |
The Wedding Party | Cecil | Rodada en 1963 | |
1970 | Bloody Mama | Lloyd Barker | |
Hi, Mom! | Jon Rubin | ||
1971 | Jennifer on My Mind | Mardigian, condutor de taxi | |
Born to Win | Oficial Danny | ||
The Gang That Couldn't Shoot Straight | Mario Trantino | ||
1973 | Tocan con xeito ese tambor | Bruce Pearson | |
Quérote, Nova Iorque | John 'Johnny Boy' Civello | ||
1974 | O padriño (II parte) | Vito Corleone | |
1976 | Taxi Driver | Travis Bickle | |
1900 | Alfredo Berlinghieri | ||
The Last Tycoon | Monroe Stahr | ||
1977 | Nova York, Nova York | Jimmy Doyle | |
1978 | O cazador | Michael Vronsky | |
1980 | Touro salvaxe | Jake LaMotta | |
1981 | True Confessions | Monsignor Desmond "Des" Spellacy | |
1983 | The King of Comedy | Rupert Pupkin | |
1984 | Houbo unha vez en América | David "Noodles" Aaronson | |
Falling in Love | Frank Raftis | ||
1985 | Brazil | Archibald 'Harry' Tuttle | |
1986 | A misión | Rodrigo Mendoza | |
1987 | O corazón do anxo | Louis Cypher | |
Os intocables de Eliot Ness | Al Capone | ||
1988 | Midnight Run | Jack Walsh | |
1989 | Jacknife | Joseph 'Jacknife' Megessey | |
We're No Angels | Ned | ||
1990 | Stanley & Iris | Stanley Everett Cox | |
Un dos nosos | James "Jimmy" Conway | ||
Espertares | Leonard Lowe | ||
1991 | Guilty by Suspicion | David Merrill | |
Backdraft | Donald 'Shadow' Rimgale | ||
Cape Fear | Maximilian "Max" Cady | ||
1992 | Night and the City | Harry Fabian | |
Mistress | Evan M. Wright | ||
1993 | A Bronx Tale | Lorenzo Anello | Tamén director |
Mad Dog and Glory | Wayne 'Mad Dog' Dobie | ||
This Boy's Life | Dwight Hansen | ||
1994 | Mary Shelley's Frankenstein | A criatura | |
1995 | A Hundred and One Nights | Le mari de la star-fantasme en croisière | |
Casino | Sam 'Ace' Rothstein | ||
Heat | Neil McCauley | ||
1996 | The Fan | Gilbert "Gil" Renard | |
Sleepers | Padre Bobby | ||
O cuarto de Marvin | Dr. Wally | ||
1997 | Cop Land | Tenente Moe Tilden | |
Jackie Brown | Louis Gara | ||
Wag the Dog | Conrad Brean | ||
1998 | Great Expectations | Arthur Lustig | |
Ronin | Sam | ||
1999 | Unha terapia perigosa | Paul Vitti | |
Ninguén é perfecto | Walter Koontz | ||
2000 | The Adventures of Rocky and Bullwinkle | Fearless Leader | |
Men of Honor | Xefe Leslie William 'Billy' Sunday | ||
Os pais dela | Jack Tiberius Byrnes | ||
2001 | 15 Minutes | Det. Eddie Flemming | |
The Score | Nick Wells | ||
2002 | Showtime | Det. Mitch Preston | |
City by the Sea | Vincent Anthony LaMarca | ||
Outra terapia perigosa | Paul Vitti | ||
2004 | Godsend | Dr. Richard Wells | |
Shark Tale | Don Lino | Voz | |
Meet the Fockers | Jack Tiberius Byrnes | ||
The Bridge of San Luis Rey | Arcebispo de Lima | ||
2005 | Hide and Seek | David Callaway / Charlie | |
2006 | Arthur and the Minimoys | O rei | Voz |
The Good Shepherd | Xeneral Bill Sullivan | Tamén director | |
2007 | Stardust | Capitán Shakespeare | |
2008 | Righteous Kill | Det. Thomas "Turk" Cowan | |
What Just Happened | Ben | ||
2009 | Everybody's Fine | Frank | |
2010 | Machete | Senador McLaughlin | |
Stone | Jack Mabry | ||
Little Fockers | Jack Tiberius Byrnes | ||
2011 | Manuale d'amore 3 | Adrian | |
Asasinos de elite | Hunter | ||
Limitless | Carl Van Loon | ||
Noitevella | Stan Harris | ||
2012 | Being Flynn | Jonathan Flynn | |
Red Lights | Simon Silver | ||
Freelancers | Sarcone | ||
The Big Wedding | Don Griffin | ||
Silver Linings Playbook | Patrick | ||
2013 | The Comedian | Jackie Burke | |
Caza humana | Benjamin Ford | ||
Hands of Stone | Ray Arcel |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert De Niro |
- Nados en 1952
- Nados en Nova York
- Actores de Nova York
- Estadounidenses de ascendencia italiana
- Estadounidenses de ascendencia francesa
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Óscar ó mellor actor