Saltar ao contido

Ro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRo
Imaxe

Localización
Mapa
 36°09′18″N 29°30′05″L / 36.155, 29.5014
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasRodes (pt) Traducir
ConcelloMegisti Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2011) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1,476 km² Editar o valor en Wikidata
Medición0,7 (ancho) × 2,63 (lonxitude) km
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude20 m Editar o valor en Wikidata

Páxina webmegisti.gr Editar o valor en Wikidata

Ro ou Rho (grego: Ρω) é unha pequena illa grega no leste do mar Mediterráneo preto de Kastellorizo, preto da costa turca. É parte da municipalidade de Megisti, na prefectura do Dodecaneso.

Xunto con outros illotes da rexión circundante, Ro foi obxecto dunha disputa de soberanía na década de 1920 entre Turquía e Italia, que nese momento estaba en posesión de Kastelorizo e as illas do Dodecaneso. A controversia resolveuse nun tratado de 1932, que asignou Ro do lado italiano. Para rematar, pasou á soberanía grega en 1947, xunto coas outras antigas posesións italianas no mar Exeo.

Ro estivo deshabitada a maior parte da historia, agás da muller grega que a fixo famosa, Despina Achladioti. Cada día, Achladioti, tamén coñecida como a Señora de Ro, izaba na illa unha bandeira grega, claramente visible desde o territorio turco, ata a súa morte en 1982.

Unha pequena unidade militar grega ten base agora na illa, co deber primordial de continuar a tradición de izar a bandeira, establecida por Achladioti. O censo de 2011 non reflicte residentes permanentes.

O illote denomínase Kara Ada en turco.

Referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]