Saltar ao contido

Ribeira, Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ribeira
Vista de Ribeira.
ConcelloRibeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°33′24″N 8°59′32″O / 42.5566, -8.9923
Poboación14.440 hab. (2019)
Entidades de poboación37[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2018 tiña 14.497 habitantes (7.336 mulleres e 7.161 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

[editar | editar a fonte]
  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [2].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [3].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ as mozas de Santa Uxía [4].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [5].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [6].
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [7].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Ribeira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ribeira no concello de Ribeira (A Coruña)

A Ameixida | O Ameneiro | As Avesadas | Banda ó Río | As Brañas do Cabo | O Caramecheiro | Carballiños | As Carolinas | O Carregal | O Castelo | O Cochón | A Conlleira | Coroso | Coveliño | Cruxeiras | Deán Grande | Deán Pequeno | Fafián | Fondevila | Fontán | A Garita | As Hedreiras | As Laxes do Castelo | Martín | Padín | A Pedra Pateira | O Petón | O Pombal | O Queiro | O Río Grande | O Río Pequeno | Santa Uxía de Ribeira | Sarreiras | O Touro | A Viña do Cabezal | Xarás | A Xunqueira

Parroquias de Ribeira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Santa Enxía [sic].
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel desprezable como as tripas de polbo.
  4. Fermín Bouza-Brey: "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza", en Nós nº 45, 15.09.1927. Os da Vila" dise en Ribeira dos veciños da Pobra do Caramiñal.
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: "Santa Euxía".
  6. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No texto: Sta. Euxía.
  7. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]