Saltar ao contido

Rexina Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRexina Vega

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica
Director de teseBasilio Losada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora universitaria, tradutora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1228746 AELG: 377 BUSC: vega-rexina-r-1966 Dialnet: 921498

Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora, tradutora e investigadora da literatura galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, dirixida por Basilio Losada. Profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal[1], A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.[2]

Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo,[3] logo de ser anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.

Ademais de escritora, ten traballado en tradución. Canda catro tradutores máis (Marisol Arbués, Mercè Burrel, Marc Parayre e Hermes Salceda) realizou a versión ao castelán do Secuestro, a novela de Georges Perec onde non existen palabras que conteñan a letra e (na versión española, que non conteñan a letra a), que lle valeron ao equipo o Stendhal de tradución do francés ao castelán (1998) e seren finalistas do Nacional de Tradución.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Presentando O teu perfil na miña sombra. Diario dunha nai na Librería Cronopios de Pontevedra, con Susana Pedreira.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Tradución

[editar | editar a fonte]
  • El secuestro, de Georges Perec (Anagrama, 1988), a canda Marisol Arbués, Mercè Burrel, Marc Parayre e Hermes Salceda.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Actas do Congreso Internacional "Álvaro Cunqueiro a Catalunya" (2003). Ediciós do Castro).
  • Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con César Morán.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012) Deputación da Coruña.
  • Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017). Através Editora.
  • O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[14]
  • Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación, por Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación.
  • Premio Xerais no 2007, por Cardume.
  • Premio Stendhal, e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro.[15]
  • Cunqueiriana de Honra de 2021.[16]
  1. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2019-11-12. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  3. "Rexina Vega". www.aelg.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  4. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  5. Bragado, Manuel. ""Cardume" de Rexina Vega – Brétemas". Consultado o 2019-11-12. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-12. 
  7. "Rexina Vega: «Dark Butterfly parte dunha experiencia persoal que necesitaba contar». Entrevista en Radiofusión. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-12. 
  8. "Edicións Laiovento - Rexina Vega". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-12. 
  9. Monteagudo Alonso, Antía (Xullo, agosto, setembro 2020). "Ollos abertos e amargas chagas perdidas". Grial. LVIII (227): 72–73. ISSN 0017-4181. 
  10. "“A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto”". Praza Pública. 2021-02-05. Consultado o 2021-02-08. 
  11. Darriba, Luz (2021-04-20). "A morte do pai". Praza Pública. Consultado o 2021-04-22. 
  12. "O teu perfil na miña sombra. Diario dunha nai". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-03-27. 
  13. Nieves Barreiro, Elisa (Xullo, agosto, setembro). "O lugar da ferida onde falar o silencio". Grial LXII (243): 64, 65. ISSN 0017-4181. 
  14. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 
  15. "Rexina Vega". xerais.gal. Consultado o 21 de maio de 2024. 
  16. Galicia, Redacción (2021-01-31). "Rexina Vega é distinguida como Cunqueiriana de Honra de 2021". 21 Noticias. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-31.