Rexión Administrativa Especial da República Popular da China
As rexións administrativas especiais (RAE) son un tipo de divisións administrativas a nivel provincial da China directamente baixo o Goberno Popular Central, que gozan do maior grao de autonomía, e non hai ou hai menos interferencias por parte do Goberno da China ou o Partido Comunista da China.
As bases xurídicas para o establecemento das RAEs, a diferenza das divisións administrativas da China continental, están previstas no artigo 31, en lugar do artigo 30 da Constitución da República Popular da China de 1982. O artigo 31 di: "O estado pode establecer rexións administrativas especiais cando sexa necesario.[1][2][3] Os sistemas que se establecerán en rexións administrativas especiais prescribiránse pola lei promulgada polo Congreso Nacional do Pobo á luz das condicións específicas".[4]
Na actualidade, existen dúas RAE establecidas de acordo coa Constitución, a saber, RAE de Hong Kong e RAE de Macau, as antigas dependencias británicas e portuguesas, respectivamente,[5] reincorporadas a China en 1997 e 1999 respectivamente segundo a Declaración conxunta chino-británica de 1984 e a Declaración conxunta chino-portuguesa de 1987. De acordo coas súas declaracións comúns, son tratados interestatais obrigatorios rexistrados nas Nacións Unidas, e as súas leis básicas, as RAEs chinesas "gozarán dun alto grao de Autonomía.[6] Existe tamén a Rexión Administrativa Especial Wolong na provincia de Sichuan, que non obstante non estableceuse segundo o artigo 31 da Constitución. En xeral, as dúas RAE non son consideradas como parte de China continental, tanto por parte das autoridades chinesas como das RAE.
A disposición para establecer rexións administrativas especiais apareceu na constitución en 1982, en anticipación ás negociacións co Reino Unido sobre a cuestión da soberanía sobre Hong Kong. Foi previsto como modelo para a eventual reunificación con Taiwán e outras illas, onde se basea a República da China desde 1949. As rexións administrativas especiais non deben confundirse coas zonas económicas especiais, que son áreas nas que se aplican leis económicas especiais para promover o comercio e os investimentos.
Baixo o principio Un país, dous sistemas, as dúas RAE continúan posuíndo os seus propios gobernos, as lexislaturas multipartidistas, sistema legal, forzas policiais, sistemas monetarios, territorio aduaneiro propio, políticas de inmigración, equipo deportivo nacional, lingua oficial, sistema postal, académico e educativos e unha competencia substancial en relacións exteriores que son diferentes ou independentes da República Popular da China.
As rexións administrativas especiais deberían distinguirse do sistema se países constitutivos do Reino Unido ou do Reino dos Países Baixos.
Lista de rexións administrativas especiais da China
[editar | editar a fonte]Actualmente hai dúas rexións administrativas especiais establecidas de acordo co artigo 31 da Constitución chinesa. Para a Rexión Administrativa Especial de Wolong na provincia de Sichuan, consulte a sección seguinte.
Nome | Chinés (T) / (S) | Yale | Pinyin | Mapa Postal | Abreviación e GB | Poboación | Superficie km2 | ISO | ISO:CN | División Admin. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hong Kong | 香港 | Hēunggóng | Xiānggǎng | Hongkong | 港 (Gǎng), HK, HKSAR | 7.184.000 | 1.104´4 | HK
|
CN-91
|
Lista (18 distritos) |
Macau | 澳門 / 澳门 | Oumùhn | Àomén | Macau | 澳 (Ào), MO, MC, MSAR, RAEM | 614.500 | 31´3 | MO
|
CN-92
|
Lista (7 freguesías) |
Wolong
[editar | editar a fonte]A Rexión administrativa especial de Wolong [7] (en chinés) 卧龙特别行政区 está situada no suroeste do condado de Wenchuan, Ngawa Tibetana e prefectura autónoma de Qiang de Sichuan. Era anteriormente coñecida como a Rexión Administrativa Especial de Wolong do condado de Wenchuan, provincia de Sichuan e foi fundada en marzo de 1983 coa aprobación do Consello de Estado. Recibiu o seu nome actual e colocouse baixo o goberno provincial de Sichuan cunha supervisión administrativa polo departamento provincial de silvicultura. A súa área substitue a Reserva Natural Nacional de Sichuan e a súa oficina administrativa é a mesma que a Oficina Administrativa da Administración Forestal Estatal para a reserva. Actualmente ten unha poboación de 5.343 hab..[7]
Malia o seu nome, a Rexión Administrativa Especial de Wolong non é unha RAE tal e como se define no artigo 31 da Constitución da República Popular da China; como resultado, propúxose que a Rexión Administrativa Especial de Wenchuan Wolong da Provincia de Sichuan cambie o seu nome, con denominacións como área especial ou concello.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Administrative divisions of the People's Republic of China (中华人民共和国行政区划; Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó Xíngzhèng Qūhuà)". 15 de xuño de 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 5 de xuño de 2010.
- ↑ "Chapter II: Relationship between the Central Authorities and the Hong Kong Special Administrative Region, Article 12". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 5 de xuño de 2010.
- ↑ "Chapter II Relationship between the Central Authorities and the Macau Special Administrative Region, Article 12". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 5 de xuño de 2010.
- ↑ Lauterpacht, Elihu. Greenwood, C. J. [1999] (1999). International Law Reports Volume 114 of International Law Reports Set Complete set. Cambridge University Press, 1999. ISBN 0521642442, 9780521642446. p 394.
- ↑ Ghai, Yash P. (2000). Autonomy and Ethnicity: Negotiating Competing Claims in Multi-Ethnic States. Cambridge University Press. ISBN 0521786428, 9780521786423. p 92.
- ↑ Article 12, Basic Law of Hong Kong and Article 12, Basic Law of Macau
- ↑ 7,0 7,1 "Wolong Introduction". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 01 de novembro de 2018.
- ↑ "A Brief Review of the Special Administrative Regions and the Special Administrative Region System" (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rexión Administrativa Especial da República Popular da China |