Revolucionario
Un revolucionario é unha persoa que participa activamente ou avoga por unha revolución.[1]
Tamén, cando se usa como un adxectivo, o termo revolucionario refírese a algo que ten un impacto importante e repentino na sociedade ou nalgún aspecto do esforzo humano.
Definición
[editar | editar a fonte]O termo, tanto en modo substantivo como adxectivo, aplícase normalmente no campo da política, e ocasionalmente nos da ciencia, a invención ou a arte. En política, un revolucionario é alguén que apoia un cambio drástico, rápido e abrupto, mentres un reformista é alguén que apoia un cambio máis gradual e incremental. Un conservador é alguén que xeralmente se opón a tales cambios. Un reaccionario é alguén que quere que as cousas volvan ser do xeito que eran antes de que o cambio sucedese.
Revolución e ideoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo sociólogo James Chowning Davies, os revolucionarios políticos poden ser clasificados de dous xeitos:
- Segundo os obxectivos da revolución que propoñen. Normalmente, estes obxectivos son parte dunha certa ideoloxía. En teoría, cada ideoloxía podería xerar a súa propia marca de revolucionarios. Na práctica, a maioría de revolucionarios políticos foron anarquistas, comunistas ou socialistas.
- Segundo os métodos que propoñen utilizar. Isto divide os revolucionarios en dous grandes grupos: Os que defenden unha revolución violenta, e os que son pacifistas.
O anarquista revolucionario Serguéi Necháyev argumentou en Catecismo dun Revolucionario:
"O revolucionario é un home condenado. Non ten intereses privados, asuntos, sentimentos, lazos, propiedades nin mesmo un nome de seu. O seu ser enteiro é devorado por un propósito, un pensamento, unha paixón: a revolución. Corazón e alma, non soamente de palabra senón de feitos, romperon toda ligazón co orde social e co mundo civilizado enteiro; coas leis, boas maneiras, convencións, e moralidade daquel mundo. El é o seu inimigo desapiadado e continúa a habitalo cun único un propósito: destruílo."[2][3]
Segundo o Che Guevara: "Déixeme dicirlle, a risco de parecer ridículo, que o verdadeiro revolucionario está guiado por grandes sentimentos de amor.[4] É imposíbel pensar nun verdadeiro revolucionario sen esta cualidade".[5][6]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""ARD". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Nechayev, Spartacus Educational website by John Simkin
- ↑ Sergey Nechayev (1869). The Revolutionary Catechism.
- ↑ Killer Images: Documentary Film, Memory and the Performance of Violence by Joram ten Brink, Joshua Oppenheimer, Columbia University Press, 2012, page 84
- ↑ "Socialism and Man in Cuba" A letter to Carlos Quijano, editor of Marcha, a weekly newspaper published in Montevideo, Uruguay; published as "From Algiers, for Marcha: The Cuban Revolution Today" by Che Guevara o 12 de marzo de 1965
- ↑ "Socialism and man in Cuba".