Resident Evil (filme)
Resident Evil | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Resident Evil |
Director | Paul W.S. Anderson |
Produtor | Paul W.S. Anderson Jeremy Bolt Bernd Eichinger Samuel Hadida |
Guión | Paul W.S. Anderson |
Baseado en | Resident Evil de Capcom |
Intérpretes | Milla Jovovich Michelle Rodriguez Eric Mabius Colin Salmon |
Música | Marco Beltrami Marilyn Manson |
Fotografía | David Johnson |
Montaxe | Alexander Berner |
Estudio | Constantin Film New Legacy Films Davis Films Impact Pictures |
Distribuidora | Screen Gems |
Estrea | 15 de marzo de 2002 12 de maio de 2009 (TVG) |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Alemaña Reino Unido |
Xénero | Terror |
Orzamento | $33 000 000[1] |
Recadación | $102 400 000 |
Filme seguinte | Resident Evil: Apocalypse |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/movies/residentevil/ | |
Resident Evil é un filme de terror dirixido por Paul W.S. Anderson que se estreou no 2002. Está protagonizado por Milla Jovovich e Michelle Rodriguez. É o primeiro filme da franquía "Resident Evil", que está baseada na serie de videoxogos de Capcom Resident Evil. Foi seguido por catro secuelas: Apocalypse (2004), Extinction (2007), Afterlife (2010) e Retribution (2012).
Con elementos dos videoxogos Resident Evil e Resident Evil 2, o filme conta a historia da heroína Alice e un grupo de comandos da Umbrella Corporation que tentan conter o contaxio do virus T nunhas instalacións baixo terra. O filme recibiu valoracións diversas por parte da crítica, e recadou $102 millóns en todo o mundo.
Estreouse en galego na TVG o 12 de maio de 2009.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nun centro clandestino de investigación xenética -con fins militares- dunha poderosa multinacional, prodúcese un gromo vírico que contamina todo o edificio. Para conter a fuga, o ordenador que controla o centro sela toda a instalación e, nun principio crese que morreron tódolos empregados, pero en realidade convertéronse en feroces zombis.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Milla Jovovich como Alice
- Michelle Rodriguez como Rain Ocampo
- Eric Mabius como Matt Addison
- James Purefoy como Spence Parks
- Martin Crewes como Chad Kaplan
- Colin Salmon como Donald "One" Shade
- Ryan McCluskey como Mr. Grey
- Oscar Pearce como Mr. Green
- Indra Ové como Ms. Black
- Anna Bolt como Dr. Green
- Joseph May como Dr. Blue
- Robert Tannion como Dr. Brown
- Heike Makatsch como Dr. Lisa Addison
- Jaymes Butler como Clarence o garda de seguridade
- Stephen Billington como Mr. White
- Fiona Glascott como Ms. Gold
- Pasquale Aleardi como J.D. Salinas
- Liz May Brice como Médico
- Marc Logan-Black como Comando #2
- Michaela Dicker como Raíña Vermella
- Jason Isaacs como Dr. William Birkin/Narrador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Resident Evil na TVG". Diario Siglo XXI. 11 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 19 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Filmes de 2002
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes de Alemaña
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Paul W. S. Anderson
- Filmes de Pathé
- Filmes de Screen Gems
- Filmes rodados en Toronto
- Filmes rodados en Berlín
- Filmes apocalípticos
- Filmes baseados en videoxogos
- Filmes de zombis
- Filmes de 2002 con versión en galego