Renault Voiturette
Renault Voiturette | |
---|---|
Marca | Renault |
Fabricante | Renault |
País | Francia |
Outros nomes | Renault Type A Renault Type B Renault Type C Renault Type D Renault Type E Renault Type G Renault Type H Renault Type J |
Período | ╴1903 |
Deseño | Louis Renault |
Configuración | |
Carrozaría | (Type A) 2 pasaxeiros (Type B) 2 portas Sedán (Type C) 4 pasaxeiros (Type D) 4 pasaxeiros convertible (Type E/G/H/J) Semi-cupé |
Tren motriz | |
Motor | (Type A/B) De Dion-Bouton 1 cilindro, 273 c.c., 1.75 CV (Type G) De Dion-Bouton 1 cilindro, 860 c.c. (Type H) 2 cilindros, 1720 c.c. (Type J) 2 cilindros, 2720 c.c. |
Dimensións | |
Lonxitude | 1900 mm |
Anchura | 1150 mm |
Altura | 1400 mm |
Peso | (Type A) 200 kg (Type B) 350 kg |
Cronoloxía | |
← Non hai | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Renault Voiturette foi o primeiro automóbil de Renault que se produciu,[1] e foi fabricado entre 1898 e 1903. O nome foi utilizado por cinco modelos.
Os primeiros Voiturettes montaban motores De Dion-Bouton, que se utilizaron ata mediados dos setenta por varios automóbiles Renault. O coche utilizaba pneumáticos Continental, que seguen utilizándose para diversos modelos Renault modernos.
Voiturette Tipo A
[editar | editar a fonte]O Voiturette foi deseñado polo creador da marca Louis Renault en 1898. O primeiro Voiturette foi vendido a un amigo do pai de Louis logo de ir dar un paseo con Louis pola rúa Lepic o 24 de decembro de 1898. Doce coches máis se venderon esa noite. A razón principal para comprar o coche era a incrible capacidade do coche para subir rúas sen ningunha dificultade e a súa economía de combustible. O coche montaba un motor dun cilindro De Dion-Bouton, o que lle permitía alcanzar unha velocidade máxima de 32 km/h.
Voiturette Tipo B
[editar | editar a fonte]O tipo B era basicamente o mesmo Voiturette. A diferenza era o aspecto estraño do coche, que incluía un teito e dúas portas. Louis Renault inventou o sedán en 1899.
Voiturette Tipo C
[editar | editar a fonte]O tipo C foi o primeiro coche de catro prazas de Renault. Logo de varias modificacións mecánicas e exteriores, o coche comezouse a fabricar en 1900.[2] O coche foi presentado no Salón do automóbil de París de 1900, que presentou por primeira vez a Renault Frères como un fabricante de automóbiles.
Voiturette Tipo D / E / G
[editar | editar a fonte]Os Voiturettes Tipo D e E foron similares ó Tipo C, pero con algunhas diferenzas, sobre todo o motor mellorado de 5 CV. O Tipo D era idéntico ó tipo C agás o teito retráctil e o Tipo E mostraba un teito máis longo que o do tipo B, pero sen ningún tipo de porta. O tipo G utiliza o mesmo chasis e carrozaría que o Tipo D e E, pero cun motor mellorado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Óscar González (11 de outubro de 2013). "Coches clásicos de hoy" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ iGalerie. "TOUTES LES RENAULT PRODUITES ANNÉE PAR ANNÉE" (en francés). Consultado o 22 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Renault Voiturette |