Renacemento, Reforma e Contrarreforma.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Renacemento xurdiu no século XV acompañado do nacemento do humanismo. Entre tanto a igrexa católica empezou a verse vítima de moitas críticas dos cidadáns, o que deu lugar á Reforma católica, que sería combatida coa Contrarreforma. Os artistas, foron abandonando o estilo gótico e implantouse unha nova moda que consistía en recuperar o estilo do mundo grecorromano, todos estes cambios deron lugar a esta etapa da historia.
O Humanismo.
[editar | editar a fonte]O humanismo foi un movemento de renovación cultural que naceu en Italia no século XV, expandiuse por toda Europa na primeira metade do século XVI.
Características:
- Exaltación do ser humano, xa que é o único ser que ten a capacidade de pensar e razoar, xa non se lle daban explicacións divinas para certos fenómenos, senón se buscaban razóns mais baseadas no sentido común.
- A recuperación da cultura Grecolatina, grazas á cal se puideron traducir obras como as de Aristóteles ou Platón que pasarían a ser un exemplo de boa conduta.
- O interese pola ciencia, nace o espírito científico.
- A utilización das linguas vernáculas (francés, castelán, italiano...) substituíndo ao latín. Un gran paso foi a tradución da Biblia.
A mediados do século XV a creación da imprenta facilitou a expansión deste modo de pensar. Ao longo do século XVI publicáronse preto de 200.000 títulos.
As academias foron as grandes impulsoras do humanismo nas que se estudaban as linguas, a literatura e a filosofía. Estaban formadas por eruditos e baixo a protección económica (Mecenado) e dedicábanse á tradución de libros e ao intercambio de ideas.
As universidades tamén foron importantes na formación e transmisión dos novos coñecementos, Boloña, Padua, Lovaina, Florencia e Alcalá de Henares son algúns exemplos de universidades.
A reforma relixiosa.
[editar | editar a fonte]A finais da Idade Media, a Igrexa empezou a ser criticada, debido a diversos factores como: o luxo esaxerado no que vivía o alto clero, a escasa cultura que posuían, a compravenda de cargos eclesiásticos non por vocación senón por beneficiarse economicamente, e a venda de bulas e indulxencias para obter o perdón dos pecados.
Algúns humanistas como o Erasmo de Rotterdam defendían unha idea de relixión máis intima, baseada na lectura da Biblia. En 1515 o papa León X puxo en venda novas indulxencias para financiar a construción da basílica de San Pedro do Vaticano, isto deu lugar a o enfrontamento que acabaría co inicio da Reforma.
No ano 1517 Martiño Lutero publicou as 95 teses contra a doutrina católica. Nelas negaba a validez das indulxencias e propoñía unha nova espiritualidade relixiosa. Lutero foi apoiado por nobres e príncipes alemáns, que estaban desexosos dalgunhas propiedades da Igrexa, e de reforzar a autoridade do emperador Carlos V sobre o Papa.
Isto deu lugar ao Luteranismo ou protestantismo, as súas características son:
- Salvación pola fe e non polas boas obras.
- Sacerdocio universal.
- Autoridade da Biblia.
Case o mesmo tempo que xurdiu o luteranismo xurdiron tamén outras doutrinas como o Anglicanismo e o Calvinismo.
- O Calvinismo propagouse en Suíza a mans de Xoán Calvino. Era máis radical que o luteranismo dicindo que só algunhas persoas poderán acadar a salvación, e as outras serán condenadas segundo a doutrina da predestinación (o plan de Deus mediante o cal escollía os fillos antes da creación do mundo). Para os calvinistas o éxito nas finanzas debíase á graza divina.
- O Anglicanismo xurdiu en Inglaterra da man de Henrique VIII, cando o Papa Clemente VII se negou a concederlle o divorcio con Catarina de Aragón.
Mediante a acta de supremacía (1534), o monarca separouse de Roma e autoproclamouse xefe supremo da Igrexa Anglicana. As súas crenzas eran case as mesmas que as católicas.
A Contrarreforma católica.
[editar | editar a fonte]A rápida difusión das novas doutrinas fixo que a Igrexa seguise un dobre camiño: a persecución do protestantismo e a propia reforma da Igrexa.
En 1542, o Papa restableceu a Inquisición para perseguir os protestantes, sobre todo en España e Italia. A Inquisición era un tribunal eclesiástico encargado de castigar os herexes.
Tamén se creou a congregación do Índice que se encargaba de publicar os títulos dos libros que criticaban a doutrina católica, ditos títulos estaban prohibidos para os católicos.
Outra medida que tomou a Igrexa foron os autos de fe, onde os sospeitosos de herexía tiñan que xurar a súa crenza na Igrexa católica, nalgúns casos os que non o facían acababan na fogueira.
A Igrexa tomou a decisión de emendar algúns dos erros internos, e sobre todo a defensa dos dogmas católicos, a este movemento chamóuselle Contrarreforma Católica.
A Contrarreforma levouse a cabo no Concilio de Trento, entre os anos 1545 e 1563. O concilio reafirmou os principais dogmas do catolicismo, e proclamouse que a salvación se acadaría mediante a fe e as boas obras, reafirmáronse tamén os sete sacramentos, o carácter sagrado da misa, e o culto á Virxe e aos santos, tamén se declarou como a única interpretación da Biblia, a tradución que fixo San Xerome en latín, máis coñecida como a Vulgata. Prohibiuse a venda de indulxencias e creáronse seminarios para formar os clérigos, obrigouse aos bispos a vivir na súa diocese, e aos sacerdotes nas súas parroquias, por último estableceron a lei do celibato.
A necesidade de formar bos católicos, fixo que se escribisen catecismos, nos que se recompilan as principais leis da Igrexa, e que lían aos nenos na súa infancia.