René Goscinny
Aparencia
René Goscinny, nado en París o 14 de agosto de 1926 e finado o 5 de novembro de 1977, foi un guionista de historietas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director da revista Pilote. Traballou xunto a Morris nas tiras de Lucky Luke (1955-1973); posteriormente creou xunto ó debuxante Sempé O Nicolasiño[1] (1960-1964) e con Jean Tabary o personaxe de Iznogoud (1962-1977) e Les dingodossiers (1965-1967) con Gotlib.
A súa creación de maior éxito foron as aventuras de Astérix xunto ó debuxante Albert Uderzo en Pilote (1959). Có mesmo colaborador creou o personaxe de Oumpah-Pah (1958-1962), pero non tivo excesivo éxito.
Goscinny é un dos autores franceses de maior éxito en todo o mundo, con máis de 500 millóns de álbums e libros vendidos, traducidos a varios idiomas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da obra Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |