Rekidai Hōan
Rekidai Hōan | |
---|---|
Orixe | Reino de Ryukyu |
Lingua | Chinés clásico |
Tema(s) | foreign relations of the Ryukyu Kingdom |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Rekidai Hōan (xaponés: 歴代宝案; "Os valiosos documentos das sucesivas xeracións") é unha compilación oficial de documentos diplomáticos do reino de Ryūkyū.Kobata1992-1">[1] A obra abarca un período entre o 1424 e o 1867, e contén rexistros en chinés de comunicacións entre Ryūkyū e dez dos seus parceiros económicos, detallando tamén regalos ofrecidos como tributo.Kobata1992-1">[1] Trátase de China, Corea, Siam, Malaca, Palembang, Xava, Sumatra, Pattani e Sunda Kelapa (actual Iakarta). Son un total de 242 volumes, incluíndo catro listas e catro seccións extra.
Historia
[editar | editar a fonte]A obra podería ter sido editada por primeira vez en 1697, a partir dos documentos conservados no palacio Tempi de Naha. Algúns dos textos orixinais perdéronse, e varias das copias actuais conteñen erros. Descoñécese se os documentos xa estaban agrupados xuntos ou se foi unha escolma posterior.
O Rekidai Hōan non se amosou ao público até 1932, nunha exposición no santuario Tenson de Naha. Posteriormente, foi trasladado á Biblioteca Prefectural de Okinawa. A chamada "primeira serie" foi a de 1697, con 49 volumes, algún dos cales sufriron danos ou desapareceron para 1932. Todos eles foron destruídos en 1945 na batalla de Okinawa, durante a segunda guerra mundial.
Na actualidade, consérvanse copias na Universidade de Taiwán e na Universidade de Tokyo, que constitúen a base dos estudos sobre o Rekidai Hōan. Porén, sábese que existen erros nestas versións, creados durante a súa elaboración nas décadas de 1930 e 1940.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kobata1992_1-0">1,0 Kobata1992_1-1">1,1 Kobata 1992.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kobata, Atsushi (1992). "歷代寶案(琉球之外交文書) [O Rekidai Hōan: os documentos diplomáticos de Ryukyu]". Nihongakushiinkyō (en chinés) 47 (1).Kobata&rft.date=1992&rft.genre=article&rft.issue=1&rft.jtitle=Nihongakushiinky�&rft.volume=47&rft_id=https://speccoll.lib.ntu.edu.tw/node/189&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">