Saltar ao contido

Reino vándalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reino Vándalo»)
Modelo:Xeografía políticaReino vándalo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°53′12″N 10°18′53″L / 36.886667, 10.314722
CapitalHipona (pt) Traducir (435–439)
Cartago (439–534) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1003 Editar o valor en Wikidata
Disolución534 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porprefeitura pretoriana da África (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoTanistry (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O reino vándalo (latín: Regnum Vandalum) ou reino dos vándalos e alanos (latín: Regnum Vandalorum et Alanorum) foi establecido polo pobo xermánico dos vándalos baixo Xenserico. Gobernaba no norte de África e en varias prazas do Mediterráneo dende o 435 ata o 534.

Trala derrota na batalla dos montes Nervasos, contra os suevos de Hermerico e os romanos de Asterio, Gunderico retrocede cara a Bética, onde se establece ata que finalmente Xenserico na primavera de 429 con, os que se estiman, 80.000 individuos decidiu pasar a África, cruzaron o Estreito de Xibraltar e invadiron a zona en 436, co fin de facerse coas mellores zonas agrícolas do Imperio Romano de Occidente.

Para iso lograron barcos cos cales chegaron a Tánxer e Ceuta. Logo desprazáronse cara ao leste, conquistando as rexións costeiras do que hoxe son Marrocos, Alxeria e Tunisia. En 435, o Imperio Romano, que entón gobernaba o norte de África, permitiu que os vándalos se establecesen nas provincias Numidia e Mauretania Cesariense, cando quedou claro que o exército vándalo non podía ser derrotado polas forzas militares romanas. En 439 os vándalos renovaron o seu avance cara ao leste e capturaron Cartago, a cidade máis importante do norte de África.

Fixéronse, tras algúns anos de loita, co control de gran parte da antiga provincia romana de África fundando o seu propio reino, que incluía, ademais, Sicilia, Córsega, Sardeña e as illas Baleares, así mesmo conquistadas aos romanos e, xa que logo, as fontes de produción da maior rexión cerealeira do vello imperio, que en adiante tivo que comprar o gran aos vándalos.

Ademais os romanos tiveron que soportar as súas razzias piratas no Mediterráneo occidental incluíndo o saqueo de Roma en 455,[1] e a derrota da frota imperial de Maiorano na batalla de Cartaxena en Potus Illicitanus no 460.[2] Para iso contaban co gran porto de Cartago e coa frota imperial nel apresada. Sobre a base desta última, Xenserico conseguiu apoderarse de bases marítimas de gran valor estratéxico para controlar o comercio marítimo do Mediterráneo occidental.

Moeda de Xelimero.

Con todo, o dominio vándalo do norte de África duraría só algo máis dun século e caracterizouse por un progresivo debilitamento militar do exército vándalo, unha grande incapacidade dos seus reis e aristocracia cortesá para atopar un modus vivendi aceptábel cos grupos dirixentes romanos e pola paulatina vida á parte de amplos territorios do interior, máis periféricos e montañeses, onde foron consolidándose embrións de Estados baixo o liderado de xefes tribais bérberes máis ou menos romanizados e cristianizados.[3]

A política da monarquía vándala foi fundamentalmente defensiva contra todos os seus máis inmediatos inimigos: a propia nobreza bárbara e a aristocracia provincial romana. Un labor de desatención social e descabezamento político que á forza habería de afectar ás mesmas estruturas administrativas herdadas do Imperio, o que ocasionaría a súa definitiva ruína. A causa profunda de devandita ruína non sería outra que a mesma base do poder dos reis vándalos, o exército, e as esixencias do mesmo.

Aínda que se recordan principalmente polo saqueo de Roma en 455 e pola súa persecución dos cristiáns niceanos (porque eran arianos), os vándalos foron mecenas da aprendizaxe. Os grandes proxectos de construción continuaron, as escolas floreceron e no norte de África protexeron a moitos dos escritores e científicos máis innovadores do Imperio Romano de Occidente de fala latina tardía.[4]

O reino vándalo terminou en 534, cando foi conquistado por Belisario e incorporado ao Imperio Romano de Oriente (ou Imperio Bizantino). Os vándalos sobreviventes asimiláronse á poboación indíxena africana (bérberes), ou dispersáronse no territorio bizantino.[3]

  1. Gibbon & (1826, p. 371.
  2. Riera & Roselló 2003, p. 105.
  3. 3,0 3,1 Lawrence, Thomas Christopher (2012): "Vandals". En The Encyclopedia of Ancient History. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-4443-3838-6.
  4. Merrills & Miles 2009, p. 60.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gibbon, Edward (1826): The history of the decline and fall of the Roman empire. Vol. III. Londres: Collins & Hanney.
  • Ibba, Antonio & Giusto Traina| (2006): L'Afrique romaine: de l'Atlantique à la Tripolitaine (69-439 apr. J.-C.). Rosny-sous-Bois: Bréal. ISBN 978-2-7495-0574-9, p. 21.
  • Merrills, Andrew H. (2004): Vandals, Romans and Berbers: New Perspectives on Late Antique North Africa. Londres: Ashgate Publishing. ISBN 978-0-7546-4145-2.
  • Merrills, Andrew & Miles, Richard (2009): The Vandals. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons. ISBN 978-1-4443-1808-1.
  • Riera, Albert V. & Rosselló, Miquel (2003): "Fin del mundo romano y el periodo visigodo (siglos IV-VIII)". En Gozalbes Fernández de Palencia, Manuel; Albiach Descals, Rosa & Bonet Rosado, Helena Romanos y visigodos en las tierras valencianas. Valencia: Deputación de Valencia. ISBN 84-7795-339-2, pp. 103–112.
  • Thompson, E. A. (1982): Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-2990-8704-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]