Saltar ao contido

Rebaque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebaque
Nome completo Team Rebaque
Bandeira México
Baseada en Leamington Spa, Reino Unido
Tempadas en activo 2 (1977-1978)
Número de pilotos Héctor Rebaque
Debut Gran Premio da Arxentina de 1978
Carreiras 30
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1979

O Team Rebaque foi un equipo e construtor mexicano de Fórmula 1, con sede en Leamington Spa, Reino Unido. Participaron en 30 Grandes Premios, inicialmente con coches comprados a Team Lotus, antes de que finalmente construíra un coche propio. O Rebaque HR100 foi presentado para as tres últimas carreiras do equipo antes do peche do mesmo.

O equipo foi fundado e centrado ao redor de Héctor Rebaque, o piloto mexicano que conduciu por primeira vez na Fórmula Un en 1977 para Hesketh. Logo da súa tempada de debut foi descartado por Hesketh, e sen outro equipo disposto a contratalo, Rebaque como piloto decidiu crear o seu propio equipo.

Ao comezo da tempada 1978 Rebaque chegou a un acordo con Team Lotus para comprar o seu modelo Tipo 78 de 1977. Tiña moi pouca experiencia, só lograra cualificar para unha carreira con Hesketh, e tivo un ano difícil. Malia que logrou anotar un punto no Gran Premio de Alemaña, tamén sufriu a ignominia de verse forzado a retirarse do Gran Premio do Brasil, debido a fatíga do condutor.

Rebaque HR100

[editar | editar a fonte]

Continuou o acordo con Lotus para a tempada 1979 esta vez comprando o Lotus Tipo 79 campión do ano anterior. Durante o ano encargou a Penske construír un chasis, o Rebaque HR100.[1] O deseño do coche, de Geoff Ferris coa achega de John Barnard, estaba fortemente influenciado polo deseño do Lotus 79, e tamén incorporaba algúns elementos dos pontóns do Williams FW07. Rematouse a tempo para o Gran Premio de Italia dese ano, malia que non puido cualificarse. Para o Gran Premio do Canadá cualificou pero tivo que retirarse por problemas no chasis na volta 26, finalmente no GP dos Estados Unidos non logrou cualificar. O equipo pechouse a finais de ano. A metade da tempada de 1980 Rebaque fichou por Brabham substituíndo a Ricardo Zunino. Ata a data Rebaque segue sendo o único equipo mexicano que participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo.[2]

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos.
1978 Lotus 78 Ford G ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA RU ALE AUT NED ITA USA CAN 1 n/a
Héctor Rebaque NSC Ret 10 NSCP NSCP NSCP Ret 12 NSC Ret 6 Ret 11 NSC Ret NSC
1979 Lotus 79 Ford G ARX BRA RSA USW ESP BEL MON FRA RU ALE AUT NED ITA CAN USA 0 NC
Héctor Rebaque Ret NSC Ret Ret Ret Ret 12 9 Ret NSC 7
Rebaque HR100 NSC Ret NSC

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Héctor Alonso Rebaque - El último amateur de la F1 , Carlos Eduardo Jalife Villalon, Scuderia Hermanos Rodriguez, 2010.