Saltar ao contido

Real Canoe N.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltadores do Real Canoe N.C.

O Real Canoe Natación Club é unha entidade deportiva da cidade de Madrid, España, centrada principalmente na natación e no wáter-polo aínda que tamén está presente en deportes coma o rugby, o baloncesto, a natación sincronizada ou os saltos de trampolín.

O club como entidade fundouse no ano 1930, presidido por Julián López e como fusión do Clun Natación Atlético e o Canoë Club [1], constituíndo así a formación do club máis devanceiro da natación e o wáter-polo madrileño.

Logros deportivos

[editar | editar a fonte]

O club milita actualmente na División de Honor de Wáter-polo, logrando importantes clasificacións incluíndo dous campionatos nas tempadas 1998-1999 e 1999-2000. Ademais rematou subcampión na Copa do Rei en varias ocasións. Constitúe o único equipo non catalán que conseguiu facerse co título de liga.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2008. Consultado o 11 de maio de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]