Rashid Behbudov
Nome orixinal | (az) Rəşid Məcid oğlu Behbudov |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de decembro de 1915 (Xuliano) Tbilisi, Xeorxia |
Morte | 9 de xuño de 1989 (73 anos) Moscova, Rusia |
Lugar de sepultura | Alley of Honor (en) |
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética | |
Actividade | |
Campo de traballo | Música pop, ópera, filme, teatro e música popular |
Ocupación | cantante de ópera, político, actor, actor de cinema, cantante |
Período de actividade | 1933 - 1989 |
Xénero artístico | Folk e ópera |
Tesitura | Tenor e Tenore contraltino (en) |
Instrumento | Piano, tar (pt) , voz e fortepiano (pt) |
Familia | |
Fillos | Rashida Rashid |
Pai | Majid Behbudov |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бейбутов Рашид Маджид оглы) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Rashid Behbudov, nado en Tiflis o 14 de decembro de 1915 e finado o 9 de xuño de 1989, foi un cantante a actor azerí da época soviética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do cantante Majid Behbudov, entre 1938 e 1944, Rashid traballou na Philharmónica e na Ópera de Ereván. En 1945 por invitación de Tofig Guliyev, Rashid Behbudov mudouse a Bakú, e nese ano interpretou o papel principal no filme musical "Arşın mal alan" [1], versión cinematográfica da ópera de 1910 de Uzeyir Hajibeyov e que o fixo famoso en todo o Acerbaixán, converténdose nun cantante popular na Unión Soviética, especialmente coñecido polas súas melódicas e rítmicas cancións de amor[2] realizando tamén galas en Irán, acompañado polo pianista Chingiz Sadikhov e o intérprete de tar Ahsan Dadashov, en Turquía realizou o seu primeiro concerto en 1961 acompañado polo violinista Azad Aliyev. Realizou tamén xiras por Suramérica e a India. Foi solista da Philarmonía de Acerbaixán (1946-1956), realizou papeis protagonistas en varias óperas na Ópera de Acerbaixán (1953-1960). En 1966 creou o Teatro da Canción de Acerbaixán.