Saltar ao contido

Rasha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRasha
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Sudán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm3094727 Musicbrainz: 52572675-f7e6-435f-9dff-65c5e51d61da Discogs: 304749 Editar o valor en Wikidata

Rasha, nada en Ondurmán, preto de Khartún, en 1971, é unha cantante e percusionista sudanesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertence a unha familia moi numerosa na que a maior parte dos seus membros son artistas: músicos, pintores, actores... Unha das súas irmás[quen?] é unha das poucas mulleres que tocan o laúde no Sudán.

Rasha traballou no Sudán na radio, na televisión e no teatro, pero sempre con carácter semiprofesional. Fuxindo da guerra civil instalouse en España, e a partir de xuño de 1991 comeza a facer traballos como profesional con diferentes grupos e co seu irmán Wafir, integrante de Radio Tarifa, gravando en solitario o seu disco Sudaniyat. Con este álbum obtivo un grande éxito de crítica e foi valorado como un dos dez mellores títulos anuais no seu estilo.

En 1997 participa na gravación de La sal de la vida[1], un disco coa participación de María Salgado, Uxía Senlle e Xesús Pimentel.

En 1998 tocou para as Nacións Unidas durante a celebración do Día da muller.

No 2000 colaborou no álbum de Mastretta Luna de miel.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 1997: La sal de la vida, a canda María Salgado, Uxía e Xesús Pimentel.
  • 1997: Sudaniyat
  • 1996: Salamat Khartoum, co grupo Kambala.
  1. "La sal de la vida". www.mariasalgado.com. Consultado o 2019-05-24.