Ramon Azeez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1992 (31 anos) Abuja, Nixeria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 169 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Nixeria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 31 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ramon Olamilekan Azeez, nado o 12 de decembro de 1992 en Abuja, é un futbolista profesional internacional nixeriano, que xoga como centrocampista no Granada de La Liga 2.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]Nado en Abuja, Azeez comezou a súa carreira futbolística xogando para a Future Pro Academy. No ano 2010 chegou a un acordo para xogar na Unión Deportiva Almería en España, con todo, tivo que agardar até xullo de 2011 para que a fichaxe fose efectiva.[1] Tras pasar unha temporada no filial do club almeriense da Segunda División B, o 17 de agosto de 2012 debuta co primeiro equipo nun partido da Segunda División ante o FC Barcelona B. Azeez, saíu no minuto 55 en substitución de Javier Casquero, volvendo ao banco tan só 10 minutos despois tras recibir un cartón amarelo. Segundo Javi Gracia, adestrador do Almería, o troco foi debido ao risco de recibir un cartón vermello e quedar en inferioridade numérica. Finalmente, o seu equipo consegue gañar por 5-4 no Mini Estadi barcelonés.[2]
Tras xogar 31 partidos e anotar 3 goles co Almería B, Azeez foi ascendido definitivamente ao primeiro equipo, o cal acababa de ascender á Primeira División (La Liga). O seu debut na competición sería o 30 de agosto de 2013, saíndo a xogar 20 minutos no empate 2−2 ante o Elche CF no Estadio de los Juegos Mediterráneos. O seu primeiro gol chegaría antes de final de ano, o 21 de decembro, marcando o tanto que supoñía a vitoria por 1−0 ante o Real Betis no Estadio Benito Villamarín.[3] Volvería a repetir como goleador precisamente ante o Betis no partido de volta, conseguindo o gol da vitoria (3−2) no minuto 94 de partido.[4] Ao ano seguinte, xogando moitos menos minutos, o seu equipo non logra salvarse, descendendo á Segunda División. Tras o descenso, Azeez solicita ao club que escoite ofertas para o seu traspaso.[5] Con todo, tras non frutificar ningunha oferta, o club envía ao xogador ao filial. Co equipo seriamente ameazado coa perda de categoría, o 26 de xaneiro regresa ao primeiro equipo. Finalmente, tras consumarse o descenso do club almeriense, asina por dúas temporadas, con opción a outra máis, co Club Deportivo Lugo da Segunda División.[6]
Internacional
[editar | editar a fonte]Azeez xogou coa selección nixeriana sub-17 na Copa do Mundo sub-17 de 2009, sendo un fixo no once que finalmente se proclamou subcampión do torneo. Dous anos despois volve a xogar outro Mundial, esta vez o sub-20, sendo de novo titular indiscutíbel para as Super Eagles. O 3 de febreiro de 2014 chegaría a súa primeira convocatoria coa selección absoluta, aínda que non chega a debutar no partido que os enfrontaba a México. O seu debut chegaría un mes despois, o 5 de marzo, xogando toda a segunda parte nun amigábel de novo ante México no Georgia Dome de Atlanta, Estados Unidos. O seu rendemento convenceu ao corpo técnico nixeriano para ser convocado para a disputa do Mundial do Brasil 2014. No Mundial sairía como titular no primeiro partido da selección, finalizando este con empate 0−0 ante Irán. Finalmente a súa selección chegaría aos oitavos de final onde perde por 2-0 ante Francia.
Irán | 0 - 0 | Nixeria | 16 de xuño de 2014, 16:00 – Arena da Baixada, Curitiba Asistencia: 39.081 Árbitro: Carlos Vera (Ecuador) |
Informe |
|||
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Almería B | Segunda B | 2011−2012 | 28 | 2 |
Almería B | Segunda B | 2012−2013 | 31 | 3 |
Almería | Segunda | 2012−2013 | 2 | 0 |
Almería | Primeira | 2013−2014 | 30 | 2 |
Almería | Primeira | 2014−2015 | 14 | 0 |
Almería B | Segunda B | 2015−2016 | 19 | 2 |
Almería | Segunda | 2016 | 3 | 0 |
Almería | Segunda | 2016−2017 | 22 | 2 |
Lugo | Segunda | 2017−2018 | 37 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramon Azeez sigue mostrando un excelente nivel en el Mundial sub-20 con Nigeria" [Ramon Azeez segue a amosar un excelente nivel no Mundial sub-20 con Nixeria]. Ideal (en castelán). 12-08-2011. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 13-07-2017.
- ↑ "Festival goleador para abrir la Liga Adelante" [Festival goleador para inaugurar a Liga Adelante]. Marca (en castelán). 17-08-2012.
- ↑ "Azeez y Esteban frenan al Betis" [Azeez e Esteban deteñen ao Betis]. LaLiga (en castelán). 21-12-2013.
- ↑ "El Almería nunca se rinde" [O Almería nunca se rende]. Marca (en castelán). 04-05-2014.
- ↑ "Azeez pide al club que escuche ofertas" [Azeez solicita ao club que escoite ofertas]. El Mundo Deportivo (en castelán). 16-06-2015.
- ↑ "O Lugo incorpora o centrocampista nixeriano Ramón Azeez". CRTVG. 13-07-2017. Arquivado dende o orixinal o 14-02-2018. Consultado o 13-07-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil na web da FIFA Arquivado 08 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en inglés)
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés)