Saltar ao contido

Rami Jaffee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRami Jaffee

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónFairfax High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Hammond Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webramijaffee.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1927881 Facebook: ramijaffee Twitter: ramijaffee Musicbrainz: f42080a1-0ebe-466d-9c2f-e27cc6f06709 Songkick: 2363786 Discogs: 329876 Allmusic: mn0000331107 Editar o valor en Wikidata

Rami Jaffee, nado nos Ánxeles (California) o 11 de marzo de 1969, é un teclista estadounidense, membro do grupo The Wallflowers. Colaborou tamén con Foo Fighters, Soul Asylum ou Pearl Jam.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jaffee comprou o seu primeiro teclado aos 13 anos. Moi cedo comezou a tocar en varias bandas locais mentres asistía á Fairfax High School. Durante os seus anos de instituto, a miúdo pasaba o tempo en The Kibitz Room, un pequeno bar que sería unha influencia importante na súa carreira musical.

Rami tivo unha breve etapa no Santa Monica College despois do instituto, pero decidiu que ía aprender máis coa experiencia de tocar música en directo. Empezou a facerse famoso polos Ánxeles mentres desenvolvía o seu son único no teclado nalgunhas bandas locais. Axiña Rami tería unha gran demanda para gravar en estudios de música.

Contra o ano 1989, Jakob Dylan e o seu amigo Tobi Miller formaron o grupo "The Apples", e estaban na busca dun teclista. Durante a súa busca, o nome de Rami Jaffee apareceu constantemente, pero foi inicialmente rexeitado debido a que non tocara en demasiados grupos. Jaffee oíu falar da busca de Dylan grazas a un amigo seu, e tras oír algunhas demos do grupo, aceptou rapidamente. Rami aceptou pola necesidade de tocar música, máis que por lograr éxito propio.

Unhas semanas máis tarde "The Apples" trocaron o seu nome a The Wallflowers, e tocaron nun gran número de locais. As súas actuacións fixéronlles conseguir o seu primeiro acordo con Virgin Records para gravar un disco de estudio. En 1992, The Wallflowers sacaron o seu primeiro áblum á venda, de nome homónimo.

Actuaron nos Estados Unidos e no Canadá en 1992 e na primavera de 1993. Foron abreconcertos de grupos coma Cracker, The Spin Doctors ou 10.000 Maniacs, e foron cabezas de cartel nalgúns concertos. Cando volveron a casa, viron que os dous contactos de Virgin que estiveran interesados neles xa non estaban na compañía. O álbum non tivo moi boa acollida e a banda sentiu que Virgin perdera o interese neles. Ademais, Virgin comezou a usar o nome de Dylan para atraer a atención e vender discos, pero isto non lle gustou á banda, e menos a Jakob. Finalmente pediron rematar o seu contrato. Virgin accedeu, e deixaron a compañía no verán de 1993. Desafortunadamente, outras compañías non estaban interesados neles ao menos durante un ano. Rami explicou a situación:

"Estaba vivindo en casa e non había diñeiro para nada. Intentei explicarlles aos amigos que (terminar o contrato con Virgin) era algo bo; pero o resultado final foi que non tivemos un acordo nunca máis. Eu aínda tiña fe en tocar a música de Jakob. Estaba entre 'Isto definitivamente vai estoupar', e 'Non me importa se isto non chega a ningures. Gústanme estas cancións e quero tocar con el.'".

Durante o período de inactividade, Rami seguía tendo fe en Jakob e nos Wallflowers. A súa dedicación seguía sendo forte a pesar do incertos que eran os contratos do grupo. En 1994, os Wallflowers asinaron con Interscope Records e comezaron a traballar na súa segunda publicación. Ao mesmo tempo, Rami comezou a ter unha gran demanda para tocar con outros artistas, traballando con produtores como Paul Fox, Matt Hyde e Rick Neigher. Resultado disto foron, en 1996, os álbums de artistas coma Rickie Lee Jones, The Hookers, Tina & the B-side Movement, Leah Andreone, Chalk Farm ou Phil Cody, que levaban o nome de Jaffee nos seus discos. Ademais publicouse tamén en 1996 o segundo álbum de The Wallflowers, chamado Bringing Down the Horse, o cal vendeu ao redor de 5 millóns de copias.

A xira e a promoción posteriores á publicación axudaron a gañar recoñecemento. Entre 1996 e 1997, The Wallflowers apareceron en multitude revistas, nas radios, apareceron frecuentemente na televisión e foron nomeados a varios galardóns. En 1997 tamén cambiou a vida persoal de Rami, xa que naceu o seu primeiro fillo. Debido a isto deixou a xira a mediados de xullo de 1997, e foi substituído ata setembro por Chris Joyner.

En 1998, The Wallflowers volveron ao estudio para gravar "Heroes" para a banda sonora de Godzilla, o que lles deu outro nomeamento aos Grammy aquel ano.

Tras a publicación de Bringing Down the Horse, Rami continuou o seu traballo con outros grupos e cantantes, coma Everclear, Grant Lee Buffalo, Richie Sambora, Macy Gray, Jeremy Toback, Joe Henry, Melissa Etheridge e Garth Brooks.

Ao final de 1998, cando a xira dos Wallflowers diminuía a súa velocidade de concertos, Rami expandiu o seu talento musical e comezou a producir para o seu amigo e antigo compañeiro, Phil Cody.

En setembro do ano 2000, a banda foise outra vez de xira para promocionar o seu terceiro álbum Breach, publicado o 10 de outubro do 2000. Os mellores momentos da xira incluíron concertos coma abreconcertos de veteranos coma Tom Petty and the Heartbreakers e The Who. A xira de Breach rematou o 22 de setembro do 2001 en Noblesville, Indiana.

En novembro do ano 2002, The Wallflowers publicaron o seu cuarto álbum Red Letter Days. A banda fixo unha xira nos anos 2002 e 2003, con algunhas aparicións en 2004.

Cun novo batería, a banda publicou Rebel, Sweetheart, o seu quinto álbum, o 24 de maio de 2005.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Rami comezou a buscar outras opcións á parte dos Wallflowers. Así, traballou no álbum In Your Honor dos Foo Fighters, e estivo traballando coa banda dende aquela, incluíndo traballo de estudio e concertos. Dende que Rami estivo cos Foo Fighters, os últimos álbums da banda recibiron a aclamación dos Grammy.

Rami segue traballando para numerosos artistas e produtores, e ademais atopou tempo para crear cancións para varios videoxogos.

Tamén toca a miúdo con varios artistas de Los Angeles, unha ou varias veces á semana, en sitios coma o Hotel Cafe.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Ano Grupo Título Compañía discográfica Instrumento
1992 The Wallflowers The Wallflowers Virgin Piano, Órgano Hammond
1993 Darlene & Co Absence Of Uniformity Sovereign -
1994 El Vez How Great Thou Art Sympathy for the Record Industry Órgano Hammond
1994 El Vez Fun in Español Sympathy for the Record Industry Órgano Hammond
1994 Victoria Williams Loose Atlantic Órgano Hammond
1995 Edwin McCain Honor Among Thieves Lava/Atlantic Órgano Hammond
1996 Tina & The B-Side Movement Salvation Sire/Elektra Piano, Órgano Hammond e Farfisa
1996 El Vez Never Been to Spain (Until Now) Munster Teclados
1996 Phil Cody The Sons Of Intemperance Offering Interscope Piano, Acordeón, Órgano Hammond
1996 The Wallflowers Bringing Down the Horse Interscope Órgano, Piano
1996 Chalk FarM Notwithstanding Columbia Acordeón
1996 Leah Andreone Veiled RCA Órgano
1996 The Hookers Calico RCA Piano, Acordeón, Órgano Hammond
1996 Rickie Lee Jones Party of Five Warner -
1997 The Wallflowers KCRW Rare on Air, Vol. 3 Mammoth Piano
1997 The Honeyrods The Honeyrods Capricorn Piano, Wurlitzer
1997 Everclear So Much for tThe Afterglow Capitol Órgano Vox
1997 Uma Fare Well Refuge Piano, Órgano Hammond, Órgano Vox, Optigan
1997 Soul Asylum I Know What You Did Last Summer Sony Columbia -
1997 Andy If Road Trip CU
1998 Richie Sambora Undiscovered Soul Mercury Acordeón, Órgano Hammond, Optigan
1998 The Agents of Good Roots Only by One RCA Órgano
1998 Esthero Breath From Another Sony/Works Optigan
1998 The Wallflowers Godzilla Epic/Sony
1998 Scott Thomas Band California Elektra
1998 Grant Lee Buffalo Jubilee Slash/Warner
1999 Matt Brown Medicine Show EMI (unreleased) Teclados
2000 The Wallflowers Breach Interscope Teclados
2002 The Wallflowers Red Letter Days Interscope Teclados
2005 Foo Fighters In Your Honor RCA Records/Roswell Teclados
2005 The Wallflowers Rebel Sweetheart Interscope Teclados
2006 Stone Sour Zzyzx Rd. Roadrunner Records Piano
2006 Willie Nile Streets of New York 00:02:59/Reincarnate Órgano Hammond
2006 Foo Fighters Skin and Bones RCA Records Piano, Órgano, Acordeón, Teclados
2006 Pete Yorn Westerns EP Red Ink / Columbia Órgano B-3, produción
2007 Mike Brown & The Sneakies American Hotel Oasis Entertainment Órgano Hammond, Teclado
2007 Coheed and Cambria Good Apollo, I'm Burning Star IV, Volume Two: No World for Tomorrow Columbia Records Sintetizadores, Piano
2007 Foo Fighters Echoes, Silence, Patience & Grace RCA Records Acordeón, Teclado
2008 The Fallen Stars Where the Road Bends Kiss My Squirrel Records Órgano Hammond, Teclado, Acordeón
2011 Foo Fighters Wasting Light RCA Records Teclado, Órgano, Mellotron

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]