Ramón Rey Baltar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1882 Padrón, España |
Morte | 3 de xullo de 1969 (87 anos) Gerli, Arxentina (pt) |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor, xornalista, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Manuel Rey Gosende |
Irmáns | Andrés Rey Baltar Cesáreo Rey Baltar |
Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Rey Gosende. Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.
Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Alfonso Daniel Rodríguez Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.
O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da Guerra civil española.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rey Baltar, Ramón". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Rey Baltar, Ramón". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1805. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 169.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=169&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 364. ISBN 84-7492-465-0.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.edition=2�&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-465-0&rft.pages=364&rft.pub=Do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "Rey Baltar, Ramón". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Vilanova Rodr�guez&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.