Saltar ao contido

Ramón Abilleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Abilleira
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata

Ramón Abilleira Piñeiro foi un agrarista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Presidente da Sociedad de Agricultores de Lérez. Distinguiuse nas loitas agrarias e participou activamente na campaña antiforal. Interveu no mitin e na Asemblea Antiforal de Vigo o 26 de xaneiro de 1908, onde tomou corpo o movemento dos antiforistas. Tomou parte como orador no acto para defender o abolicionismo. Presidiu o mitin que tivo lugar en Pontevedra o 23 de febreiro, no que se consistiu oficialmente o Directorio Antiforista de Teis. Volveu presidir outra reunión en outubro dese mesmo ano para constituír o comité provincial da Federación Agraria de Pontevedra. En 1909 participou, como orador, nas reunións antiforistas de Redondela, Baión e Vilaboa. Presentouse como agrario ás eleccións municipais de 1911 polo distrito de Lérez e resultou derrotado por moi escasa marxe. Radicalizada a loita agraria, a familia Abilleira foi acusada de intervención en axitacións específicas como a curta de cepas en 1914, sen que se puidera demostrar. Volveu presentarse ás municipais en 1917, pero tampouco foi elixido. Na Segunda República foi nomeado concelleiro e 5º tenente-alcalde de Pontevedra en xaneiro de 1936, na corporación presidida por Tomás Abeigón Pazos[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. El País, 8-1-1936, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]