Rally Cidade de Narón
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Deporte | rally |
Organizador | Siroco Team Narón |
Localización e Datas | |
Localización | Narón (Provincia da Coruña) 43°30′04″N 8°11′33″O / 43.5011, -8.1926 |
País | España |
Vixencia | 1988 – |
O Rally Cidade de Narón é unha proba de rally que se disputa nos arredores de Narón na provincia da Coruña, dende 1988 e forma parte do calendario da Copa de España de Rallys de Asfalto.
O rally é levado a cabo pola escudaría Siroco Team Narón, fundada en 1984 e na que formaba parte da directiva Germán Castrillón, que gañaría posteriormente a proba en cinco ocasións.[1] No seu inicio era unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, ata que no ano 1994 entrou no calendario do certame sobre asfalto, do que formou parte ata 2019. En 1998 a proba obtén o máximo coeficiente que mantén na actualidade.[1]
O piloto máis laureado da proba é Manuel Senra, con oito vitorias, seguido por Germán Castrillón con cinco e Pedro Burgo con catro.
Palmarés[2]
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Historia Rally de Narón". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Palmarés". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011.