Atol Rakahanga
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Cook Setentrionais | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Cook | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 1 m | ||||
Superficie | 4 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1606 | ||||
Rakahanga é un atol das illas Cook setentrionais. Está situado a 42 km ao norte de Manihiki, considerada como unha illa irmá. As súas coordenadas son: 10º 2' sur 161º 5' oeste.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O atol, de forma case rectangular, está formado por dúas illas habitadas e sete illotes. A superficie total é de 4,1 km². A lagoa é pouco profunda e isto impediu o cultivo de perlas. A economía baséase na recolección de copra, o cultivo de taro e na confección de chapeus de follas trenzadas de coco que se exportan a Rarotonga. A poboación total era de 161 habitantes segundo o censo de 2001.
Historia
[editar | editar a fonte]Rakahanga foi a primeira das illas Cook que foi avistada polos europeos. Foi Pedro Fernández de Quirós en 1606, que quedou impresionado da súa xente e denominouno Xente Fermosa, e noutros relatos é a Illa do Peregrino. A pesar do interese que espertou a descrición de Quirós, non foi atopada de novo ata 1820 polo ruso Thaddeus Bellingshausen que o denominou illa do Gran Duque Alexandre. Despois chegaron os baleeiros estadounidenses: o capitán Patrickson denominouno Reirson Island, e o capitán Joshua Coffin, do baleeiro Ganges, denominouno Little Ganges Island en 1828. Outros nomes utilizados son: Francis Island, Princess Marianne Island e Alliconga Island.
Rakahanga foi evanxelizada a partir de 1857 coa chegada do misioneiro da London Missionary Society, Aaron Buzacott.