Raimbaut de Vaqueiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | p. 1155 (Gregoriano) Vacqueyras, Francia |
Morte | 4 de setembro de 1207 (51/52 anos) Montañas Ródope |
Actividade | |
Campo de traballo | Cultura de Occitania |
Ocupación | compositor, trobador, poeta |
Período de actividade | 1180 (Gregoriano) - |
Movemento | Música medieval (pt) |
Raimbaut de Vaqueiras ou Riambaut de Vaqueyras, activo desde aproximadamente 1180 e finado o 4 de setembro de 1207, foi un trobador provenzal e, máis tarde, cabaleiro. A súa vida xirou principalmente en torno á corte en Italia até 1203, cando se incorporou á Cuarta Cruzada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como o seu nome indica, procedía de Raimbaut Vacqueyras, cerca de Orange, Francia. Pasou a maior parte da súa carreira como poeta na corte e foi amigo de Bonifacio I de Montferrat. Serviu con el na loita contra os municipios de Asti e Alessandria. Raimbaut alegou obter a categoría de cabaleiro grazas á protección de Bonifacio co seu escudo na batalla de Messina, cando tomou parte co emperador Henrique VI na invasión de Sicilia. Estivo presente no asedio e toma de Constantinopla en 1204 e, a continuación, acompañou a Bonifacio a Tesalónica. Xeralmente suponse que Raimbaut faleceu o 4 de setembro de 1207, xunto con Bonifacio, nunha emboscada que lles fixeron os búlgaros.
Obra
[editar | editar a fonte]Os seus escritos, en particular a denominada Carta Épica, forman un importante comentario sobre a política do Imperio Latino nos seus primeiros anos. Sobreviviu unicamente unha edición das obras atribuídas a Raimbaut composta de 33 cancións e oito melodías asociadas. Utilizou unha ampla gama de estilos. Unha das súas cancións, Kalenda Maia, está considerada como unha das mellores melodías de trobadores. É salientábel unha composición poética, titulada Eras quan vey verdeyar e pertencente ao xénero do descordo, na que empregou o galego-portugués, entre outras linguas.
Vaqueiras na ficción
[editar | editar a fonte]En 1922, Vaqueiras foi obxecto dun verso de teatro por Nino Berrini, Rambaldo di Vaqueiras: I Monferrato, procedente en Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Los poemas del trovador Raimbaut de Vaqueiras, edición e tradución: Joseph Linskill. La Haya: Mouton, 1964.
- Nino Berrini, Rambaldo di Vaqueiras: I Monferrato. Milán, 1922.