Raffaella Carrà
(1963) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Raffaella Maria Roberta Pelloni 18 de xuño de 1943 Boloña (Reino de Italia) |
Morte | 5 de xullo de 2021 (78 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Outros nomes | Raffaella Carrà |
Ideoloxía política | Comunismo |
Educación | Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música e child sponsorship (en) |
Ocupación | presentadora de televisión, bailarina, cantante, actriz |
Período de actividade | 1952 - 2021 |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | CBS Italiana S.p.A. La Voce del Padrone Decca Records Hispavox RCA Italiana Compagnia Generale del Disco Pathé |
Familia | |
Parella | Gino Stacchini Gianni Boncompagni Little Tony Sergio Japino |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Raffaella Maria Roberta Pelloni, de nome artístico Raffaella Carrà, nada en Boloña o 18 de xuño de 1943 e finada en Roma o 5 de xullo de 2021[1], foi unha cantante e presentadora italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia en Bellaria-Igea Marina, na provincia de Rímini. Ós 8 anos deixou a cidade, para seguir a Roma a Jia Ruskaia, fundadora da Accademia Nazionale di Danza di Roma. A súa carreira cinematográfica tivo un comezo precoz: debutou na película Tormento del Passato (1952), onde interpretou o personaxe infantil de Graziella, aparecendo nos créditos co seu verdadeiro nome: Raffaella Pelloni[2].
En 1960, logo de diplomarse polo Centro Sperimentale di Cinematografia, fixo o seu verdadeiro debut cinematográfico na película de Florestano Vancini La lunga notte del '43 e apareceu na cinta de Leopoldo Trieste Il peccato degli anni verdi. Participou en diversas películas, entre elas I compagni de Mario Monicelli, xunto a Marcello Mastroianni, mentres no ano1965 rodou a carón de Frank Sinatra en Il colonnello Von Ryan. Todas estas aparicións pasaron practicamente inadvertidas.
Na temporada 1969-1970 chegou o seu verdadeiro éxito televisivo con Io Agata e tu (con Nino Taranto e Nino Ferrer), onde a Carrà lanzou un novo e moderno estilo de showgirl.
No outono do mesmo ano traballou xunto a Corrado en Canzonissima onde provocou un escándalo polo embigo descuberto mentres cantaba Ma che musica maestro!. Ó ano seguinte lanzou o famoso Tuca tuca e canta Chissà se va. Sempre nesta temporada, lanzou tamén unha canción baseada nun personaxe creado por ela mesma, "Maga Maghella", que a levará a converterse no soño de tódolos nenos. Segue despois (en 1974) Milleluci, presentado xunto a Mina e a continuación a súa terceira "Canzonissima", presentada nesta ocasión en solitario.
Nos anos 70 deuse a coñecer en España, e o éxito das súas cancións levou a TVE a ofrecerlle un programa, La hora de Raffaella; a cantante converteuse nunha estrela en España.
En 1978 presentou o programa de variedades da noite do sábado Ma che sera e en 1982 de novo con Corrado presentou Fantastico 3 con Gigi Sabani. De 1984 a 1985, esta vez en solitario, conduciu Pronto, Raffaella?, programa de mediodía no que traballou por primeira vez co seu excompañeiro, Gianni Boncompagni (que se ocupaou da dirección e é autor xunto a Giancarlo Magalli), en competencia directa con Il pranzo è servito do seu amigo Corrado, co que conduciu tamén unha edición do Telegatto ó comezo dos anos noventa. O estraordinario éxito de Pronto, Raffaella? fixo que vencese en 1984 o título de Personaxe televisivo feminino a nivel europeo concedido pola European TV Magazines Association.
Na temporada televisiva 1985/1986 foi a presentadora de Buonasera Raffaella e na de 1986/1987 de Domenica In. En 1987 pasou a Fininvest, realizando os espectáculos Raffaella Carrà Show e Il principe azzurro que non obtiveron grandes resultados de público e reduciron un pouco a súa popularidade. Volveu á RAI en 1989, primeiro con Raffaella venerdì sabato e domenica - Ricomincio da Due e despois con Week end con Raffaella e en 1991 conduciu xunto a Johnny Dorelli Fantastico 12.
Decidiu despois regresar a España, onde traballou entre 1992 e 1995: primeiro dous anos na primeira canle de TVE onde conduciu Hola Raffaella, premiado co TP, e A las 8 con Raffaella; posteriormente pasou a Telecinco con En casa de Raffaella. Tamén despois destes anos, TVE volveu a chamar a Raffaella paa algúns eventos coma o Fin de Ano de 1997.
En 1995 volveu a Italia con Carràmba che sorpresa, o seu éxito persoal máis clamoroso: conduciu o programa durante catro edicións na franxa de prime time da noite de sábado cunha audiencia media do 30 %, ata 2002. En 2001 presentou a 51° edición do Festival de Sanremo, edición que non tivo o éxito agardado, como ela mesma recoñeceu.
En 2004 conduciu o espazo Sogni, antecedente do programa Il treno dei desideri presentado por Antonella Clerici. Finalmente, en 2006 conduciu Amore, dedicado ós apadriñamentos a distancia que tiña a presentadora.
Entre os seus éxitos, ademais dos xa citados Ma che musica maestro!, Chissà se va, e Tuca Tuca, cabe lembrar Rumore, Felicità-tà, Forte forte forte, Fiesta, Tanti auguri, E salutala per me, Ballo ballo, Pedro, Fatalita', Bellissimo. O seu look foi fonte de inspiración para Renato Zero e viceversa.
O 30 de novembro de 2007 saíu Raffica Carra', recompilatorio de 2 CD máis 1 DVD nos que se recollen os sinxelos de Raffaella durante toda a súa carreira.
Carrà volveu á televisión española TVE para unha gala especial o 8 de marzo de 2008, Salvemos Eurovisión, na que os españois, mediante televoto e sms, escolleron a canción que representaría a España na edición de 2008 do Festival de Eurovisión previsto para maio en Belgrado. Conduciu ademais outros dous especiais en maio de 2008, sempre ligados ó Eurofestival: o primeiro, Europasión, unha gala nostálxica con algunhas das cancións que representaron a España nos anos anteriores; o segundo, un programa con debates e críticas sobre o festival, emitiuse xusto o mesmo día da final, antes e despois do directo con Belgrado.
A pesar disto, a RAI chamouna de novo para conducir unha nova edición do exitoso Carramba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Raffaella Carrà è morta, aveva 78 anni. L'annuncio di Sergio Iapino: «Il suo talento risplenderà per sempre»". www.ilmessaggero.it (en italiano). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ Scheda Imdb.