Rafelbunyol
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Nord | ||||
Capital | Rafelbuñol (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.467 (2023) (225,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 42 km² | ||||
Altitude | 32 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Alberto López López (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46138 | ||||
Código INE | 46207 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46207 | ||||
Sitio web | rafelbunyol.es |
Rafelbunyol[1] é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 7.647 habitantes (2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado na parte setentrional da comarca, o seu termo ten forma dun rectángulo moi alargado, de dirección noroeste-sueste e rematando na súa parte parte noroccidental nun triángulo. As razóns desta forma habería que buscalas nas diferentes delimitacións de termos realizadas historicamente.
O Caldeirón Real de Montcada divide o termo en dous partes. Á súa dereita, "a horta" (l'horta) propiamente dita e á súa esquerda o secaño, actualmente transformado en regadío de motor. A superficie do termo é fundamentalmente chaira, elevando suavemente a súa altitude dende os vinte metros a beiras do caldeirón de Montcada, que cruza transversalmente o termo municipal polo centro urbano, até os sesenta, nas ladeiras de Els Germanells.
Ten un clima tipicamente mediterráneo, caracterizado por unha marcada estacionalidade, con veráns secos e calorosos, invernos tépedos e chuviosos e estacións intermedias con humidade constante. Accédese a esta localidade dende Valencia, por estrada, tomando a V-21 e tamén a través da liña 3 de MetroValencia.
Núcleos
[editar | editar a fonte]- Rafelbunyol
- Urbanització Lladró
Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]O termo municipal de Rafelbuñol limita coas localidades de Massamagrell, Museros, Nàquera, la Pobla de Farnals e el Puig, todas elas da provincia de Valencia.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro núcleo de poboación do que se ten noticias é a existencia dun poboado neolítico situado en Els Germanells. Os restos deste poboado descubríronse en 1953 e enmárcase dentro do que se coñece como cultura do Bronce Valenciano. Atopamos xa en época romana un lugar no chamado Plà de Columbro. Trátase dunha vila rústica onde se atoparon abundantes fragmentos de dolmen e un capitel toscamente labrado en pedra do país.
Mais o asentamento de poboación sobre o que se atopa o actual núcleo ten a súa orixe na época árabe, debido á existencia dunha casa de campo (Rahal, en árabe), situada preto dunha corrente de auga (Bonyol), contribuíu a que fosen asentándose máis árabes, convertendo ese pequeno conxunto nun casal, tendo no ano 1025 máis de 15 casas e aproximadamente uns 50 habitantes.
En 1236, o rei Xaime I, atopábase en el Puig e alí recibiu a uns mouros que ían renderlle vasalaxe, pasando así o casal de Rafelbunyol a poder do rei cristián, que lles prometeu que non serían molestados e que lles serían respectadas as súas propiedades, os seus costumes e a súa relixión. En 1280, Pedro III, expediu un permiso a favor dos mouros habitantes do casal, extensivo aos fillos destes, actualizando o documento asinado polo seu antecesor.
En 1289, Raimundo Escorna empeza a levantar a primeira capela baixo a advocación de Santo Antonio Abade, que se adscribe á parroquia de Massamagrell ata que unha bula pontifical de Inocencio VIII en 1491 decláraa independente. Durante todos estes anos, os musulmáns viviron segundo o seu costume, compartindo a súa existencia cos cristiáns chegados durante a Reconquista, medrando pouco a pouco a poboación en número e volume. Os musulmáns agrupáronse nunha zona do pobo, na actual rúa de Sant Antoni, onde floreceu a súa cultura e a súa economía.
Demografía
[editar | editar a fonte]Rafelbunyol ten 7.647 habitantes (2008)
1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4.918 | 4.967 | 5.015 | 5.260 | 5.273 | 5.553 | 5.811 | 6.349 | 6.580 | 7.103 |
Economía
[editar | editar a fonte]Enmarcado nunha comarca historicamente agrícola, do mesmo xeito que todos os municipios da Horta Nord, fóra da capital da provincia, tiña unha economía marcadamente agrícola.
Orixinariamente, a maior parte do termo municipal, era terra de secaño, fóra dunha zona situada ao sueste da poboación, regada polas augas do Caldeirón Real de Montcada. Na actualidade, a explotación das augas subterráneas mediante os trece pozos de rega existentes e a aplicación das técnicas de rega herdadas dos dos árabes, fixo que cambie a fisionomía agraria do municipio. Do cultivo da vide, a alfarrobeira ou o oliveira foise pasando a un cultivo de cítricos, principalmente laranxeira, e, en menor proporción, hortalizas, gañando así terreo ao secaño até quedar reducido a unha porción de terreo practicamente insignificante, situada ao norte do termo municipal.
A partir de 1986 estabelécese no termo municipal un núcleo relativamente importante de industrias. Trátase dunha actividade industrial moi diversificada, encadrada maioritariamente dentro da tipoloxía da industria lixeira que produce alimentación, prefabricados de formigón, téxtiles, produtos de beleza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto 144/2012" (PDF). Diari Oficial de la Comunitat Valenciana (en castelán e valenciano) (6878). 8 de outubro de 2012.