Saltar ao contido

Rafael Yunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafa Yunta
Información persoal
Nome Rafael Yunta Navarro
Nacemento 4 de abril de 1920
Lugar de nacemento Ocaña
Falecemento 18 de xullo de 2011
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944–1948 Real Madrid 41 (13)
1948–1950 Valladolid 36 (11)
Adestrador
1956–1958 Valladolid
1963–1964 Pontevedra
1965–1966 Celta de Vigo
1968–1969 Murcia
1971–1973 Cultural Leonesa
1975–1977 Calvo Sotelo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Rafael Yunta Navarro, nado en Ocaña (Toledo) o 4 de abril de 1920 e finado en León o 18 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar despois da Guerra Civil, no Toledo, despois ficha polo Real Madrid onde militaría catro anos tendo un papel moi importante pola banda dereita.

Despois de xogar cedido en Portugal ficha polo Real Valladolid onde unha lesión acabou coa súa carreira.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Ademais de moi boas campañas na Cultural Leonesa e no Calvo Sotelo, en Primeira División adestrou ao Real Valladolid e ao Pontevedra CF, sendo o primeiro técnico que levou ao equipo granate á máxima categoría.

Do Pontevedra pasou ao Celta de Vigo na tempada 1965–66 co obxectivo de ascender a Primeira División, en Vigo tras reconfigurar totalmente o equipo, no que contaría con xogadores como Abel Fernández ou Rivera, so conseguiu entrar na promoción de ascenso, na cal caería eliminado ante o Sabadell por 2-0 e 0-0.

Ao ano seguinte e pese a que no club contaban co adestrador toledano, Rafael Yunta decide non continuar e fichar polo Calvo Sotelo, sendo substituído no equipo vigués por César Rodríguez Álvarez.

Faleceu en León aos 91 anos de idade no mes de xullo de 2011.[1]

  1. ""Adiós a toda una leyenda"". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]