Rafael Sabatini
(1924) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1875 Jesi (Reino de Italia) |
Morte | 13 de febreiro de 1950 (74 anos) Wikon (Suíza) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista, novelista, tradutor, escritor de ciencia ficción |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Rafael Sabatini, nado en Jesi o 29 de abril de 1875 e finado en Adelboden o 13 de febreiro de 1950 foi un escritor británico de orixe italiana, autor de novelas, de aventuras e amores, de moito éxito na súa época.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na provincia de Ancona, na Italia central, de nai inglesa e pai italiano. Os pais eran antigos cantantes de ópera que se converteran en profesores. O neno Rafael viviu en contacto con moitas linguas, vivindo co seu avó en Inglaterra, e foi á escola en Portugal, mais tamén pasou algúns períodos en Suíza. Aos dezasete anos volveu a Inglaterra.
Tras unha breve experiencia no mundo dos negocios, Sabatini mirou á literatura, escolleu o inglés como lingua literaria xa que na súa opinión "As mellores historias escríbense en inglés"[1]; na década de 1890 escribiu contos, e en 1902 apareceu a súa primeira novela. Pero tardou máis dun cuarto de século antes de alcanzar o éxito, grazas a Scaramouche, publicado en 1921. Esta brillante novela sobre a Revolución Francesa converteuse nun éxito de vendas; Captain Blood de 1922 tivo o mesmo éxito e tamén se reeditaron as súas obras anteriores, acadando tamén moito éxito The Sea Hawk, orixinalmente publicada en 1915. Sabatini, foi un prolífico escritor, capaz de escribir un libro cada ano e aínda que as súas obras posteriores non acadaron o éxito das anteriores, mantivo un alto nivel de popularidade entre os lectores. En total, Sabatini escribiu trinta e unha novelas, oito coleccións de contos, seis libros de non ficción e mais unha peza teatral. As súas novelas máis famosas foron The Sea Hawk (1915), sobre a armada española e os piratas da Costa Berberisca; Scaramouche (1921), que se desenvolve durante a Revolución Francesa e na que o protagonista, un fuxitivo, únese a unha compañía de comediantes; Captain Blood (1922), na que o protagonista é o almirante dun buque da frota pirata e Bellarion the Fortunate (1926), sobre un arteiro neno inmerso na política italiana do século XV . De varias das súas novelas fixéronse versións cinematográficas. Rex Ingram realizou Scaramouche (1923) protagonizada por Ramón Novarro; The Sea Hawk (1924) dirixiuna Frank Lloyd e protagonizouna Milton Sills. Da versión cinematográfica de Captain Blood (1924), con J. Warren Kerrigan como protagonista só se conserva unha copia incompleta. O filme sonoro The Black Swan (1942) protagonizárono Tyrone Power e Maureen O'Hara.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- The Lovers of Yvonne ou The Suitors of Yvonne) (1902)
- The Tavern Knight (1904)
- Bardelys the Magnificent (1905)
- The Trampling of the Lilies (1906)
- Love-At-Arms: Being a narrative excerpted from the chronicles of Urbino during the dominion of the High and Mighty Messer Guidobaldo da Montefeltro (1907)
- The Shame of Motley (1908)
- St. Martin's Summer (1909)
- Mistress Wilding ou Anthony Wilding (1910)
- The Lion's Skin (1911)
- The Justice of the Duke (1912)
- The Strolling Saint (1913)
- The Gates of Doom (1914) -
- The Sea Hawk (1915)
- The Banner of the Bull (1915)
- The Snare (1917)
- Scaramouche (1921)
- Captain Blood ou Captain Blood His Odyssey (1922)
- Fortune's Fool) (1923)
- The Carolinian (1924)
- Bellarion the Fortunate (1926)
- The Nuptials of Corbal (1927)
- The Hounds of God (1928)
- The Romantic Prince (1929)
- The Reaping (1929)
- IThe King's Minion ou The Minion (1930)
- Scaramouche the King-Maker (1931)
- Captain Blood Returns ou The Chronicles of Captain Blood (1931)
- The Black Swan (1932)
- The Stalking Horse (1933)
- Venetian Masque (1934)
- Chivalry (1935)
- The Fortunes of Captain Blood (1936)
- Scaramis (1936)
- The Lost King (1937)
- The Sword of Islam (1939)
- The Marquis of Carabas o Master-At-Arms (1940)
- Columbus (1941)
- King In Prussia ou The Birth of Mischief) (1944)
- Turbulent Tales (1946)
- The Gamester (1949)
Teatro
[editar | editar a fonte]- The Tyrant: An Episode in the Career of Cesare Borgia, a Play in Four Acts (1925)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- The Life of Cesare Borgia) (1912)
- Torquemada and the Spanish Inquisition (1913)
- The Historical Nights' Entertainment (1917)
- Heroic Lives (1934)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Knight, Jesse F. e Darley, Stephen (2010). The Last of the Great Swashbucklers: A Bio-Bibliography of Rafael Sabatini. New Castle: Oak Knoll. ISBN 978-1-58456279-5