Saltar ao contido

Rafael Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Núñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rafael Wenceslao Núñez Moledo Editar o valor en Wikidata
28 de setembro de 1825 Editar o valor en Wikidata
Cartaxena de Indias, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1894 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Cartaxena de Indias, Colombia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Presidente de Colombia
1 de abril de 1886 – 18 de setembro de 1894
← sen valor – Miguel Antonio Caro (pt) Traducir ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Cartagena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista, xuíz, avogado, escritor, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Colombiano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Nacional de Colombia Editar o valor en Wikidata
ConflitoWar of the Supremes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSoledad Román de Núñez Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Library of the World's Best Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1333349 Musicbrainz: 05d4a8b8-81ec-435b-a161-1da79dbecaf6 IMSLP: Category:Núñez,_Rafael Find a Grave: 51893549 Editar o valor en Wikidata

Rafael Wenceslao Núñez Moledo, nado en Cartaxena de Indias o 28 de setembro de 1825, e finado ibídem o 18 de setembro de 1894, foi un político e escritor colombiano que ocupou en varias ocasións o cargo de presidente de Colombia. Liderou a Rexeneración, coa cal rematou o réxime federal dos Estados Unidos de Colombia, promulgou a Constitución de Colombia de 1886 e foi o autor da letra do himno nacional de Colombia, adoptado oficialmente en 1920.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rafael Núñez naceu en Cartaxena de Indias o 28 de setembro de 1825, foi o primeiro dos tres fillos de Dolores Moledo García e do coronel Francisco Núñez García, quen eran curmáns irmáns e contraeran matrimonio o 6 de outubro de 1824.[1][2] Ós 15 anos, foi aceptado polo xeneral Francisco Carmona nas tropas rebeldes para loitar na guerra dos Supremos.[3] Con 18 anos, viaxou co seu pai a Tumaco, onde permaneceu durante algúns meses traballando.[4] Estudou na Universidade de Cartaxena, na que se graduara como bacharel licenciado en 1843.[5] Acabado de graduar, iniciouse no xornalismo e fundou o xornal La Democracia na súa cidade natal.

Contraeu matrimonio 2 veces. Primeiro casou en Panamá con Dolores Gallego o 25 de febreiro de 1851, con quen tivo dous fillos e separáronse o 10 de marzo de 1871; a súa segunda cónxuxe foi a cartaxenera Soledad Román con quen contraeu matrimonio civil o 14 de xullo de 1877 en París  e que ratificou mediante o matrimonio católico o 23 de febreiro de 1889.[6][7]

  1. "Rafael Núñez Moledo". Presidencia de la República. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  2. Restrepo Lince, Pastor. Genealogías de Cartagena de Indias. Instituto Colombiano de Cultura Hispánica. Editorial ABC. ISBN 958-900-426-1. 
  3. "Biografía Rafael Núñez". Biografías y vidas. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  4. Castillo Mathieu, Nicolás del. Biografía de Rafael Nuñez. Bogotá: Editorial Iqueima. 
  5. "Presencia y espíritu de Rafael Núñez". Universidad de Cartagena. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  6. "Soledad Román de Núñez". Biblioteca Virtual del Banco de la República. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  7. "Rafael Wenceslao Núñez Moledo" (PDF). Universidad Autónoma del Caribe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.