Saltar ao contido

Rafael Fernández Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Fernández Casas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1901 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Trasanquelos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, escritor Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4755

Rafael Fernández Casas, nado en Buenos Aires o 3 de agosto de 1901[1] e finado en Trasanquelos (concello de Cesuras, hoxe Oza-Cesuras) o 20 de agosto de 1936, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Buenos Aires, en 1903 regresou con súa nai e os seus dous irmáns a Galicia. A nai ingresouno con 9 anos no hospicio de Santiago de Compostela, sito no antigo convento de San Domingos de Bonaval. Fixo estudos primarios no propio hospicio, e continuou logo estudos secundarios e os dous primeiros cursos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Aos 19 anos saíu do hospicio e completou os dous anos restantes de Maxisterio, graduándose aos 21 anos. Comezón a traballar como mestre en Palas de Rei e nas escolas de indianos de Veiga e Devesos (Ortigueira).

Foi Venerable Mestre da loxa masónica compostelá Agarimo nº 78.

Colaborou en Heraldo Guardés, El Compostelano, El Tea, La Libertad, La Democracia, La Voz de la Verdad, La Provincia e La Voz de Ortigueira. Autor da novela Loita, publicada en 1927. En El Pueblo Gallego publicou a serie de seis artigos "Lembranzas do neno".[2]

Nos anos finais da República exerceu de mestre na escola de Souto, en Carnoedo (Sada), desenvolvendo unha grande actividade dentro do Ateneo de Cultura Política y Social da vila, que presidiu en 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na estrada Betanzos-Agolada (actual AC-840) en Trasanquelos o 20 de agosto de 1936.

Loita. 1927.
  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 21. 
  2. Fernández Casas, Rafael (7 decembro 1927). "Lembranzas do neno (sección «La Enseñanza y los Maestros», p. 11).". El Pueblo Gallego. 
  3. Iglesias, Xabier (28/9/2013). "Loita". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.Iglesias&rft.chron=28/9/2013&rft.genre=unknown&rft.jtitle=OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com&rft_id=https://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com/2013/09/loita.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988"> 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]