Saltar ao contido

Radio Observatorio da Universidade do Estado de Ohio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perfil do sinal Wow!

A Radio Observatorio da Universidade do Estado de Ohio foi un radiotelescopio de tipo Kraus que operou no observatorio Perkins da Universidade Wesleyana de Ohio dende 1963 até 1989. Máis coñecido polo alcume The Big Ear, o observatorio formou parte do proxecto SETI da Universidade Estatal de Ohio, que buscaba intelixencia extraterrestre. A construción do Big Ear comezou en 1956 e foi completada en 1961, sendo 1963 o ano no que se acendeu por primeira vez.

Entre os anos 1973 e 1995, The Big Ear foi empregado na procura de sinais de radio extraterrestres e foi o proxecto SETI máis lonxevo. En 1977 recibiu un sinal de radio do espazo profundo que se denominou Sinal Wow!. O observatorio desmantelouse en 1998 cando os terreos foron mercados á universidade para ampliar un campo de golf.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]