Real Racing Club de Santander
Racing de Santander | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Racing Club de Santander, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Racing; Racinguistas; Verdiblancos; Montañeses | |||
Fundación | 14 de xuño de 1913 (111 anos) | |||
Estadio | El Sardinero, Santander, España | |||
Inauguración | 1988 | |||
Capacidade | 22.500 | |||
Presidente | Alfredo Pérez | |||
Adestrador | Guillermo Fernández Romo | |||
Liga | Segunda división española de fútbol | |||
Segunda división española 23/24 | 2ª (A), 4º 2ª (D), 2º | |||
Na rede | ||||
http://www.realracingclub.es/ | ||||
| ||||
O Real Racing Club de Santander, S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Santander, en Cantabria. Foi fundado o 14 de xuño de 1913 e compite na Segunda División Española. É o único equipo cántabro que xogou na Primeira División, na que ocupa o 14.° posto na clasificación histórica despois de disputar 44 tempadas.
Foi subcampión de Liga na tempada 1930–31 e semifinalista da Copa do Rei en dúas ocasións (2007/08 e 2009/10). Logo de finalizar en sexta posición na tempada 2007–08, o Racing xogou por primeira vez na súa historia a Copa da UEFA. Sete dos seus xogadores foron internacionais coa selección española.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca con detalles verdes e negros, pantalón negro e medias verdes con volta branca.
- Uniforme alternativo: Camiseta verdinegra, pantalón verdinegro, media dereita verde e media esquerda negra.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul claro e vermella, pantalón branco con detalles azul e vermello e medias brancas con liñas azul e vermella.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 44
- Tempadas en 2ª: 35
- Tempadas en 1ªRFEF: 1 (incluída a 2021/22)
- Tempadas en 2ªB: 7
- Tempadas en 3ª: 4
- Mellor clasificación na liga: 2º (temporada 30-31)
- Peor clasificación na liga: 19º (temporada 00-01)
- Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 14º
- Mellor clasificación en Copa do Rei: Semifinais (2008 e 2010)
- Participacións en competicións internacionais: 4
- Torneo Internacional de París: 1 (1931)
- Copa Intertoto: 1 (2003)
- Copa da Paz: 1 (2007)
- Copa da UEFA: 1 (2008-09)
- Xogadores internacionais coa Selección española: 7
- Primeiro xogador internacional: Óscar Rodríguez (17 de maio de 1925)
- Último xogador internacional: Salva Ballesta (26 de xaneiro de 2000)
- Maiores goleadas:
Historial por tempadas
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
2011/12 | 1ª | 20.º | 1/8 de final |
2012/13 | 2ª | 20.º | 3.ª rolda |
2013/14 | 2ªB | 1.º | 1/4 de final |
2014/15 | 2ª | 19.º | |
2015/16 | 2ªB | 1.º | 1.ª rolda |
2016/17 | 2ªB | 2.º | 1/16 de final |
2017/18 | 2ªB | 5.º | 1.ª rolda |
2018/19 | 2ªB | 1.º | 1/16 de final |
2019/20 | 2ª | 22.º | 1.ª rolda |
2020/21 | 2ªB |
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Campos de Sport de El Sardinero.
Disputa os seus partidos oficiais nos Campos de Sport de El Sardinero, coñecido normalmente coma El Sardinero, situado próximo á praia santanderina do mesmo nome, sendo propiedade do concello de Santander. O estadio inaugurouse en 1988. Dispón de 22.500 localidades, todas elas de asento. As dimensións do terreo de xogo son 105 por 68 metros.
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Racing de Santander
Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Datos do 2 de setembro de 2013
|
|
Cedidos
[editar | editar a fonte]
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Campionato de Cantabria (13): 1923, 1924, 1925, 1926, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1939, 1940
- Subcampión do Campionato Rexional do Norte (2): 1919, 1922
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Primeira División (1): 1930−31
- Segunda División (2): 1949−50, 1959−60
- Primeira División RFEF (1): 2021−22.
- Segunda División B (2): 1990−91, 2013-14
- Terceira División (3): 1943−44, 1947−48, 1969−70
- Subcampión de Segunda División (2): 1974−75, 2001−02
- Subcampión de Terceira División (1): 1968−69
- Semifinalista da Copa do Rei (2): 2007−08, 2009−10
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciudad de Santander (4): 1984, 1985, 1986, 1989
- Trofeo Villa de Gijón (4): 1999, 2004, 2006, 2007
- Trofeo Emma Cuervo (2): 1974, 1998
- Trofeo Lasesarre (2): 2006, 2009
- Torneo Bodas de Oro del Racing (1): 1963
- Trofeo Príncipe de Asturias (1): 1973
- Trofeo Ciudad de Valladolid (1): 1999
- Trofeo de la Vendimia (1): 2008
- Trofeo Ramón Losada-Villa de Luarca (1): 2009
- Trofeo Junta Vecinal de Treceño-Homenaje a José Antonio Corono (1): 2009
- Trofeo Santa Teresa (1): 2010
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Real Racing Club de Santander B.
O Racing de Santander B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1926 e conseguiu ascender a Segunda B na tempada 2005-06, aínda que agora xoga na Terceira División Española. O Rayo Cantabria é actualmente o segundo filial do Racing de Santander.