Raúl de Gacé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI |
Morte | 1051 (Gregoriano) |
Rexente | |
Actividade | |
Ocupación | rexente |
Carreira militar | |
Rango militar | Condestábel |
Familia | |
Cónxuxe | Basilie Flaitel |
Pais | Roberto de Évreux e Herleva (?) |
Irmáns | Ricardo de Évreux |
Raúl de Gacé, finado en 1051, foi un nobre normando, curmán e titor do futuro Guillerme o Conquistador, que foi señor de Gacé, Écouché, Bavent, Varenguebec e Noyon-sur-Andelle.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Raúl era o segundo fillo do arcebispo de Rouen, Roberto de Évreux. Á morte de seu pai recibiu o señorío de Gacé, mentres que seu irmán máis vello Ricardo herdou o condado de Évreux.
Esta sucesión tivo lugar nun período problemático da historia do ducado de Normandía: o duque Roberto I de Normandía, en expiación dos seus pecados e crimes decidiu facer unha peregrinación a Xerusalén. Antes de partir tomou a precaución de facer recoñecer como sucesor ao seu fillo ilexítimo, Guillerme, por todos os baróns normandos, e que lle xuraran lealdade.
Pero Roberto morreu o 22 de xullo de 1035 durante a travesía, en Nicea, de maneira que Guillerme converteuse en duque dos normandos con tan só sete anos, e algúns baróns, esquecendo os seus xuramentos, rebeláronse, abrindo un longo período de anarquía no ducado, desde 1037 a 1047.
Sen participar abertamente na revolta, Raúl de Gacé, con outro barón chamado Robert de Vitot, organizou o asasinato de Gilbert de Brionne, o titor de Guillerme. Sen destronar ao xove duque, Raúl impúxose como novo titor do duque e tomou o cargo de condestábel de Normandía. En 1042, el e Guillerme, contrarrestaron a revolta de Turstin Goz, vizconde de Hiémois, e sitiárono en Falaise. Sobre a base da súa suposta lexitimidade, aproveitou a súa posición para expandirse até Hémois, mentres que seu irmán Ricardo se estendeu até Evrecin. Tras a guerra entre os Beaumont e os Tosny-Grandmesnil, utilizaron a súa posición dominante para compartir o botín dos vencidos, os Tosny. Pero Guillerme pronto o separou do poder, aínda que sen confiscar as súas propiedades, pero tería que retirarse ás súas terras.[2]
Sábese que Raúl fixo grandes doazóns á abadía de Jumieges.[3] Morreu en 1051.[4]
Descendencia
[editar | editar a fonte]Raúl casou con Basilia de Flaitel, filla de Gérard Flaitel, dunha importante liñaxe normanda establecido en Hémois. Basilia deu a luz a:
- Roberto (morto en 1064), señor de Gacé, Varenguebec, Noyon, etc.[5]
Nomeara herdeiro a Ricardo de Évreux, o irmán máis vello de seu pai, pero Guillerme o Conquistador, aínda con ánimo de vinganza cos asasinos de Gilbert de Brionne, uniu os seus feudos ao dominio ducal. En 1089, un acordo permitiu a Guillerme de Évreux, fillo do irmán máis vello de Raúl, recuperalos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Baudouin 2004, p. 279.
- ↑ Raoul d'Evreux en Medieval Lands.
- ↑ Anselme de Sainte-Marie (1726): Histoire de la Maison Royale de France, et des grands officiers París: Compagnie des Libraires, p. 478.
- ↑ Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band II. Marburg, Alemaña: Verlag von J. A. Stargardt, p. 79.
- ↑ Surrey Archaeological Society (1858): Surrey archaeological collections, relating to the history and antiquities of the county, Londres: Lovell Reeve & Co., p. 38.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baudin, Pierre (2004): La première Normandie (Xe-XIe siècles). Caen: Presses Universitaires de Caen. ISBN 978-2-8413-3145-1.