Saltar ao contido

RC Toulonnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RC Toulon»)
RC Toulon
NomeRugby Club Toulonnais
Fundación1908
SedeToulon
Estadio(s)Stade Mayol
Capacidade14.700 espectadores
PresidenteFrancia Mourad Boudjellal
AdestradorFrancia Bernard Laporte
Capitán Carl Hayman
Anotador-
Ensaios-
Liga(s)Top 14
2015-16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.rctoulon.com
Facebook: RCTofficiel Twitter: rctofficiel Instagram: rctofficiel Youtube: UCpRec0XiokU9S7rnRQmheLA Editar o valor en Wikidata

O RC Toulon é un club profesional de rugby da cidade francesa de Toulon, fundado no ano 1908, que compite na máxima categoría do campionato francés, o Top 14.

RC Toulon é un club clásico da liga nacional de rugby francesa, chegando a finais en 6 décadas distintas. O seu primeiro título chegou en 1931. Logo perdeu a final nos anos 1948, 1968, 1971 e 1985, gañou o seu 2º título en 1987, volveu a perder a final de 1989, e en 1992 gañou por 3ª ocasión a liga.

A pesar do alto nivel competitivo que tiña o club, foi descendido administrativamente no ano 2000 por mor dunhas débedas superiores ós 10 millóns de francos.

Nos últimos anos, dende a chegada dun novo presidente, polo club teñen pasado grandes estrelas do rugby, primeiro co obxectivo de ascender ó Top 14, e unha vez acadado o ascenso na tempada 2007/08, co obxectivo de acadar o campionato francés. Jonny Wilkinson foi un deses grandes xogadores chegados ó RC Toulon, así como Victor Matfield, George Gregan, Andrew Mehrtens, Tana Umaga, George Smith, Pierre Mignoni, Paul Sackey ou Felipe Contepomi.

Na tempada 2009/10 o club chegou á final da European Challenge Cup por vez primeira, caendo fronte a Cardiff Blues. Tamén rematou a tempada 2º na táboa lo Top 14, caendo logo en semifinais.

Na tempada 2011/12 o RC Toulon chegou ás finais do Top 14 de la Challenge Cup, caendo en ámbalas dúas.

Na tempada 2014/15 o equipo acadou o seu terceiro título consecutivo na competición máis importante de rugby union entre clubs europea e logrou o 1º posto na fase de liga do Top 14 2014-2015, aínda que despois na final dos playoffs perdeu o título co Stade Français.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións continentais

[editar | editar a fonte]
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
Copa de Campións Europea de Rugby Copa de Europa 3 - C C C ¼
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
European Rugby Challenge Cup Challenge Cup 0 F F g g g g ¼
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Francia Top 14 — Tempada 2017/18
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Montpellier Hérault (F) 81 26 17 0 9 752 559 193 11 2
Racing 92 (SF) 80 26 18 0 8 622 478 144 5 3
Stade Toulousain (CF) 74 26 16 1 9 719 595 124 4 4
RC Toulon (CF) 73 26 14 0 12 766 507 259 9 8
Lyon OU (SF) 70 26 15 0 11 689 545 144 7 3
Castres Olympique (C) 69 26 15 0 11 638 624 14 4 5
Stade Rochelais 67 26 14 1 11 686 531 155 6 3
Section Paloise 66 26 15 0 11 590 584 6 2 4
ASM Clermont Auvergne 54 26 11 1 14 629 687 –59 4 4
10º Union Bordeaux Bègles 48 26 10 1 15 557 623 -66 2 4
11º SU Agen 46 26 10 0 16 537 757 -220 2 4
12º Stade Français 42 26 9 0 17 540 740 -200 2 4
13º Oyonnax Rugby 39 26 7 3 16 566 824 -258 1 4
14º CA Brive 36 26 7 1 18 485 736 -241 1 5
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º).
En azul      os clubs clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      os clubs que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]