RCDE Stadium
RCDE Stadium | |
---|---|
Vista exterior | |
Datos | |
Coordenadas | 41°20′52″N 2°04′32″L / 41.347861, 2.075667 |
Localización | Av. del Baix Llobregat, 100, 08940; Cornellà de Llobregat, España |
Nomes antigos | Estadi Cornellà-El Prat (2009-2014) Power8 Stadium (2014-2015) |
Construción | |
Inauguración | 2 de agosto de 2009 |
Arquitecto | Reid Fenwick Asociados Esteve Gasulla Joan Tusquets |
Custo | 44 433 088,07 € |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 40.500 |
Propietario | Espanyol |
Operadora | RCD Espanyol |
Localía | Espanyol |
Web | https://www.stagefrontstadium.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O RCDE Stadium[1], ata 2014 coñecido como Estadi Cornellà-El Prat, é un estadio de fútbol, propiedade do RCD Espanyol, situado no límite entre os concellos de Cornellà de Llobregat e El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona.
Inaugurado o 2 de agosto de 2009, é un estadio de categoría 4, a máxima outorgada pola UEFA, e ten unha capacidade para 40.500 espectadores, todos en bancadas cubertas, coa posibilidade dunha ampliación futura. O recinto ocupa unha superficie de 182.000 m² dos que 36.000 m² corresponden ao estadio.
Historia
[editar | editar a fonte]En 2002 o club adquiriu os terreos -unha parcela de 18,2 hectáreas- por 360.000 euros e o 1,9% do capital social do club (150.000 euros). Tras seis anos de obras, cun custo de 65 millóns de euros, o 5 de xuño de 2009 tivo lugar o simbólico acto de entrega de chaves ao RCD Espanyol.[2]
O partido inaugural disputouse o domingo 2 de agosto de 2009[3] entre o Espanyol e o Liverpool cun resultado favorable aos locais de 3-0, marcando o primeiro gol da historia deste estadio o asturiano Luis García, os outros dous tantos foron obra do israelí Ben Sahar. Daniel Jarque xogou o seu primeiro partido como capitán e tamén foi o último, xa que o futbolista falecía días despois na concentración do seu equipo en Italia.
Esteban Granero, do Real Madrid, foi o xogador que marcou o primeiro gol en competición oficial no novo estadio, o 12 de setembro de 2009 no primeiro partido de Liga do Espanyol en casa, correspondente á segunda xornada.[4]
Power8 Stadium
[editar | editar a fonte]En xuño de 2014 o Espanyol anunciou que o estadio pasaría a chamarse Power8 Stadium despois dun acordo con esa marca comercial, encargada de prover tecnoloxía ao sector das apostas deportivas. O club branquiazul cedeu os dereitos de nome do estadio e unha serie de activos comerciais durante as próximas 7 tempadas a cambio de 5,5 millóns de euros anuais.[5] En maio de 2015 fíxose público que centenares de investidores da China e Taiwán denunciaran a Power8 por unha estafa piramidal,[6] e en outubro dese ano a empresa entrou en proceso de liquidación.[7] O 29 de decembro de 2015 o Espanyol fixo público un comunicado no que daba por liquidado o contrato de patrocinio con Power8 e anunciaba que, á espera de atopar un novo patrocinador, o estadio pasaba a chamarse RCDE Stadium.[8]
Características
[editar | editar a fonte]- Estadio de 4 estrelas da UEFA.
- Aforamento con capacidade para 40.500 espectadores.
- Aparcadoiro no Estadio de 3.278 prazas.
- Centro comercial adxunto ao estadio.
- Estadio construído con criterios de eficiencia enerxética.
- Placas fotovoltaicas na cuberta, produción de 1 113 000 W.
- Estadio edificado sobre un soar de 36.000 m².
- Constará cun espazo memorial para depositar restos funerarios.
- Construción totalmente accesible para persoas de mobilidade reducida.
Medio ambiente
[editar | editar a fonte]O RCDE Stadium é un dos primeiros campos de Europa na utilización de enerxía limpa. Xerando un aforro enerxético, utilizando tecnoloxía innovadora para reducir e rendibilizar os consumos de auga e electricidade.
En concreto a enerxía solar que serve para o autoabastecimiento como para a venda dos excedentes enerxéticos non consumidos. Para iso, sobre a cuberta alóxanse placas fotovoltáicas.
As placas fotovoltaicas (instaladas na cuberta do estadio) xeran electricidade para conectarse á rede eléctrica normal; e os paneis solares teñen un uso doméstico (quentar auga). O club calcula uns ingresos anuais de ao redor de 600.000 euros pola explotación das placas fotovoltaicas.
Viabilidade económica do proxecto
[editar | editar a fonte]Estimouse un custo de construción global de 90 millóns de euros, 40 de achegados pola empresa LAR, que construiría e explotaría a zona comercial anexa ao recinto deportivo. Desta contía de gastos pretendíase unha redución mediante subvencións das administracións públicas e acordos comerciais co patrocinio do estadio.
A viabilidade do proxecto fundaméntase nun acordo coa empresa LAR (39 millóns), para financiar o 50% do investimento fotovoltaico, ademais dunha ampliación de capital e diversos acordos de patrocinio que aínda non se cubriron. Segundo Morlanes, directivo do RCDE: "todas as empresas que participan no proxecto están obrigadas a ser patrocinadoras do club". En febreiro de 2008 o grupo Acciona Immobiliària quedou co 100% do centro comercial.[9]
Finalmente, a obra que requiriu maior capital foi a construción, que tivo un custo de 44,189 millóns de euros, 20 millóns por urbanizar a zona, 1,017 millóns en seguridade e saúde e control de calidade, e 7,1 millóns en revisións de prezos.
Espazo memorial
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2008 o club presentou o proxecto de creación dun cemiterio no interior dunha das esquinas do novo estadio, que podería ser utilizado por calquera socio que así o desexara.[10] Este proxecto xa é unha realidade e os socios poden enterrar as súas cinsas detrás dunhas baldosas de cerámica colocadas nas paredes, con fotografías do equipo. Os socios tamén dispoñen dunhas placas co seu nome. Entre esas placas atopamos a de Dani Jarque.
Transporte público
[editar | editar a fonte]Xusto diante do estadio, na avenida do Baix Llobregat, hai unha parada de autobús na que paran as liñas 94 e 95 de TMB. As dúas liñas conectan coa L5 do Metro de Barcelona, coas liñas de tranvía do Trambaix, coa liña Llobregat-Anoia de FGC e con Rodalies de Catalunya.
A 500 metros do RCDE Stadium atópase a estación Cornellà-Riera de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, na que paran trens das liñas L8, S33, S4, S8, R5 e R6, todas con orixe na Plaça d'Espanya de Barcelona.
Estación | Liñas | Distancia ao estadio |
---|---|---|
Av Baix Llobregat-Joan Fiveller | 94 95 |
1 min |
Cornellà-Riera | 6 min | |
Almeda | 11 min | |
Cornellà Centre | 13 min | |
Les Aigües | 14 min |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instalacións - RCDE Stadium". RCD Espanyol.
- ↑ "O Espanyol tomará posesión hoxe do estadio de Cornellà, que tivo un custo de 65 millóns de euros". El Periódico de Catalunya. 5 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2009.
- ↑ Gran festa do Espanyol na súa nova casa
- ↑ Diario Marca (ed.). "Granero: "O equipo estivo moi serio e profesional durante todo o partido"" (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2009.
- ↑ Ara, ed. (13 de xuño de 2014). "O estadio do Espanyol pasa a chamarse Power8 Stadium" (en catalán).
- ↑ El Periódico de Catalunya, ed. (26 de maio de 2015). "A pirámide de Power8".
- ↑ El Periódico de Catalunya (ed.). "A quebra de Power8 deixa ao Espanyol sen catro millóns de euros".
- ↑ Sport, ed. (29 de decembro de 2015). "Dan por resolto o contrato de patrocinio con Power8".
- ↑ RCD Espanyol, ed. (5 de febreiro de 2007). "Acciona, Grupo Lar e Grosvenor acordan a venda do Centro Comercial Cornellà-El Prat" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2009.
- ↑ 3cat24, ed. (24 de xuño de 2008). "O estadio de Cornellà- el Prat prevé un espazo memorial para acoller as cinzas dos seus seguidores defuntos." (en catalán). Consultado o 2 de agosto de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Proxecto do Novo Estadio Arquivado 12 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- Galería de fotos en 3D e durante a construción Arquivado 20 de outubro de 2008 en Wayback Machine. en urbanity.es
- Descrición do proxecto en skyscrapercity.com