Saltar ao contido

Río Zézere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Zézere
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPortugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra da Estrela Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRío Texo Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°19′39″N 7°35′05″O / 40.3276, -7.5847
39°28′24″N 8°20′23″O / 39.4734, -8.3396
Afluentes
Conca hidrográficaconca hidrográfica do Texo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións248 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica5.062 km² Editar o valor en Wikidata
O río Zézere o seu paso por Constância

O Zézere (en grafía portuguesa Zêzere) é un río portugués que nace na serra da Estrela, a cerca de 1900 m de altitude, xunto ao Cântaro Magro, onde define un val glaciar. Seguindo para suroeste, conflúe co río Texo ao oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 242 quilómetros.

Características

[editar | editar a fonte]

O río Zézere é o segundo maior río exclusivamente portugués, tras o río Mondego. Os seus principais afluentes na marxe dereita son: o río Alge, o río Cabril, a ribeira de Unhais, o río Nabão, a ribera de Paul e a ribeira de Pêra. Na marxe esquerda recibe o ribeira de Bogas, a ribeira de Río Caria, a ribeira da Malhadancha, a ribeira da Isna, a ribeira de Meimoa, a ribeira da Sertã e a ribeira de Teixeira.

Da súa conca hidrográfica con 5043 km², 1056 km² pertencen ao río Nabão. Os grandes desnivéis, aliados ao volume de auga (por veces superior a 10.000 m³/s), representam unha notábel riqueza hidroeléctrica, aproveitada en três encoros: o de (Bouçã, o de Cabril e a presa de Castelo de Bode), que producen anualmente 700 millóns de kW/hora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]