Saltar ao contido

Río Volga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía físicaRío Volga
Vista no inverno
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Parte deUnified Deep Water System of European Russia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial256 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaOblast de Tver, Rusia (pt) Traducir, Oblast de Moscovo, Rusia (pt) Traducir, Oblast de Iaroslavl, Rusia (pt) Traducir, Oblast de Kostroma, Rusia (pt) Traducir, Oblast de Ivanovo, Rusia (pt) Traducir, Óblast de Nizhny Novgorod, Rusia, Mari El, Rusia, República dos Chuvaxos, Rusia, Tatarstán, Rusia, Óblast de Ulyanovsk, Rusia, Oblast de Samara (pt) Traducir, Oblast de Saratov, Rusia (pt) Traducir, Óblast de Volgogrado, Rusia, Óblast de Astrakán, Rusia e Kalmykia, Rusia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónColinas de Valdai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final−28 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaAstrakhan Urban Okrug, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAstrakán Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraMar Caspio Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°15′05″N 32°28′05″L / 57.25131, 32.46808
45°41′42″N 47°53′51″L / 45.695, 47.8975
Afluentes
142
Conca hidrográficaconca do Volga Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións3.530 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.360.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal8.060 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5380922
Vista da ponte de Saratov, o máis longo de Europa (3,690 km).

O río Volga (en ruso Во́лга, tártaro İdel, Идел, moksha Рав, mari Юл, alemán Wolga) é o río máis longo e caudaloso de Europa. Cos seus afluentes, rega máis dun terzo da superficie da Rusia europea. O Volga nace nas cuíñas de Valdái a 228 metros de altitude, entre Moscova e San Petersburgo e desemboca no mar Caspio logo dun longo percorrido de 3.690 km. O Volga é navegable en case todo o seu percorrido grazas ás enormes obras de acondicionamento realizadas fundamentalmente durante a segunda metade do século xx. A súa conca hidrográfica, cunha superficie de 1.350.000 km², é a 18º maior do mundo (por extensión é maior que o Perú, o 19º país maior do mundo) reúne un gran mosaico de pobos. O val do Volga concentra desde a segunda guerra mundial unha parte importante das actividades industriais de Rusia. O Volga desempeña tamén un gran papel no imaxinario ruso e inspirou numerosas novelas e cancións rusas.

Administrativamente, o río discorre por doce dos Óblasts federais da Federación rusa, que seguindo o seu curso augas abaixo, son: óblast de Tver, óblast de Yaroslavl, óblast de Kostromá, óblast de Nizhnii Novgorod, República dos Maris, república dos Chuvaxos, república de Tatarstán, óblast de Uliánovsk, óblast de Samara, óblast de Sarátov, óblast de Volgogrado e óblast de Astrakán.

Atravesa o centro de Rusia e é amplamente considerado como o río nacional de Rusia. En antigos tempos foi coñecido como Atil, Itil ou Idil. O Volga conxélase tres meses por ano en gran parte.

Drena a maioría de Rusia Occidental; os seus moitos grandes encoros provén dunha importante irrigación e enerxía hidroeléctrica. O sistema formado polo canal Moscova-Volga, o canal Volga-Don, e o canal Mariinsk forman unha vía navegable conectando Moscova co Mar Branco, o mar Báltico, o mar Caspio, o mar de Azov e o Mar Negro.

Paisaxe das cuíñas de Valdái
Monasterio Nílov na illa Stolbny do lago Seliger, un lago que atravesa o río Volga.
O río Volga en Tver.
O río Volga en Úglich.
Confluencia do río Volga e o río Kótorosl, un lugar de paseo na cidade de Yaroslavl.
A confluencia do río Volga co río Oká, en Nizhnii Novgorod.
O río Volga en Uliánovsk.
O río Volga preto da súa desembocadura.

Curso superior do Volga

[editar | editar a fonte]

O río Volga nace nas cuíñas de Valdái, a 228 m sobre o nivel do mar, preto da localidade de Volgo-Verjovie, na parte occidental do óblast de Tver, nun lugar situado a uns 300 km ao noroeste de Moscova e a uns 320 km ao sueste de San Petersburgo.No primeiro tramo ten o nome de Selizhárovka e é un curso curto de auga de 36 km que desauga no lago Seliger (que ten unha superficie de 212 km² e está a unha cota de 205 m). O Volga diríxese primeiro en dirección sueste, atravesando a rexión de Valdái ata alcanzar a localidade de Rzhev (63.729 hab. en 2002 [1]), pasada o cal xira cara ao noroeste e a partir da que poden navegar polo río pequenas embarcacións de transporte de mercancías. O río, tras algo máis de 100 km, alcanza Tver (a antiga Kalinin 1931-1990), fundada en 1135, con 408.903 hab., é a capital do óblast de Tver localizada na estrada que une Moscova con San Petersburgo.

O Volga describe unha nova curva e xira cara ao suroeste, discorrendo polo primeiro dos moitos tramos en que as súas augas estarán encoradas, está vez polo encoro de Ivankovo, onde recibe pola dereita o río Shosha. Xira logo cara ao oeste, e penetra no encoro de Dubna, construído para abastecer Moscova (é o tramo máis próximo á capital, apenas a 100 km). Neste encoro recibe ao río Dubna, e, moi próximo á presa, conecta coa canle de Moscova, unha canle artificial de 128 km construído en 1932 que une o río Volga co río Moscova. Deixada atrás a presa, o Volga baña a localidade de Dubná (60.951 hab.), e logo xira cara ao noroeste, nun tramo no que atravesa a cidade de Kimry (58.500 hab.) e segue polo encoro de Úglich, un novo tramo no que recibe os seus primeiros afluentes de importancia, os ríos Medveditsa e Nerl. Segue o río en dirección cada vez máis norte, franqueando o límite co óblast de Yaroslavl, atravesando a cidade de Úglich (38.900 hab.) e chegando ata o gran lago do encoro de Rybinsk (que con 4.580 km², é coñecido como o mar de Rybinsk, e que está a unha cota de 102 m). É a máis antiga das presas construídas no río (1935-41) e tamén o punto máis setentrional polo que discorre o Volga. Neste lago desembocan dous importantes afluentes, o río Mologa (456 km) e o río Cheksna. Tamén enlaza a vía navegable Volga-Báltico, que atravesando o lago Onega e o lago Ladoga, conecta co golfo de Finlandia e, a través da canle Mar Branco-Báltico, o mar Branco.

O Volga sae do lago polo mesmo lado meridional polo que entra, emprendendo dirección sueste. Ao pé da presa atópase a cidade industrial de Rybinsk (222.653 hab., anteriormente rebautizada como Andropov) que é o gran porto de transbordo do curso superior do Volga. Segue o río cara ao sueste e alcanza Yaroslavl (613.088 hab.), unha das cidades máis antigas da Rusia central, fundada no século XI. O río encamíñase cada vez máis en dirección leste, traspasando o límite co óblast de Kostroma. A uns 70 km augas abaixo de Yaroslavl atópase a cidade de Kostromá (278.750 hab.), localizada ao pouco da confluencia co río Kostroma, outra antiga cidade (fundada en 1152). A partir de aquí, o Volga vaise convertendo cada vez máis nun río de chanzura, ancho e de discorrer lento. Atravesa pronto o óblast de Kostroma pola súa banda meridional e internase no óblast de Ivánovo, que cruza pola súa banda nororiental. Chega enseguida a Kíneshma (95.233 hab.) e augas abaixo atopa un novo gran lago artificial, o do encoro de Gorki (1.591 km²), cunha cola de 430 km de lonxitude, creado pola presa de Nizhnii Novgorod (construída en 1955). Na parte norte do encoro desaugan os ríos Nemda e Unzha (426 km). Seguindo o grande encoro augas abaixo en dirección sur, éntrase no óblast de Nizhnii Novgorod, e recibe pola esquerda ao río Uzola. O Volga deixa atrás a presa e atópase na ribeira dereita a cidade de Nizhnii Novgorod (1.311.252 hab.), na confluencia cun dos seus afluentes máis importantes, o río Oká (1.500 km). Este é o punto en que tradicionalmente considerouse que acaba o curso alto do Volga. Alén do río, na marxe esquerda, en fronte, localízase a cidade industrial de Bor (61.525 hab.).

Curso medio do Volga

[editar | editar a fonte]

O curso medio do Volga discorre en dirección leste-sueste, cruzando a parte central da Rusia europea, e comézase a observar xa a disimetria, das súas ribeiras, que se manifesta máis claramente no curso baixo, coa beira dereita máis alta e escarpada, por mor da presenza dos contrafortes das alturas do Volga, en contraposición a unha beira esquerda máis baixa. Ao saír de Nizhnii Novgorod, o río xira en dirección leste, pasando fronte a Kstovo e recibindo pola esquerda ao río Kerzhenets. Chega máis abaixo a outro longo encoro, o de Cheboksary, de máis de 131 km, do que unha parte está no oblást de Nizhnii Novgorod, a parte central na república dos Maris (na que recibe pola esquerda os ríos Vetluga e Rutka) e a parte final na república dos Chuvaxos, onde está tamén a presa, construída na década dos 1980 (e para a que deberon de ser realoxadas unhas 20.000 persoas). Augas abaixo da presa atópanse as cidades de Cheboksary (440.621 hab.) e Novocheboksarsk (125.857 hab.). Daquela o Volga forma durante un tramo o límite natural entre as repúblicas dos Chuvaxos e dos Maris, un treito no que recibe pola esquerda os ríos Bolshaya Kokshaga, Malaya Kokshaga e Ilet, e pola dereita ao Tsivil e no que, tamén na marxe esquerda, está a localidade de Volzhsk (58.987 hab.). A continuación o río internase, aínda en dirección leste, na república de Tartaristán, bañando primeiro a cidade de Zelenodolsk (100.139 hab.) e logo Kazán (1.105.289 hab.), a capital da república, ambas na marxe esquerda.

Pasada Kazán, o río (xa noutro tramo encorado) xira cara ao sur. A cidade está situada ao principio doutro longo encoro, o encoro de Kuibyshev, con 550 km de lonxitude, creado pola presa de Samara, que coas seus 6.450 km² de superficie, é o maior lago artificial de retención de Europa. O río Kama (1.850 km), o principal dos afluentes do Volga, incorpórase pola esquerda desaugando neste gran lago artificial, nun punto que foi considerado de forma habitual o inicio do curso baixo do Volga, aínda que agora, co encoro, perdeu parte da súa relevancia xeográfica.

Curso inferior do Volga

[editar | editar a fonte]

O encoro adentrase en dirección sur no óblast de Ulyanovsk, unha provincia que o Volga atravesa na súa parte oriental e na que se atopa na beira dereita a capital, Ulyanovsk (antigamente Simbirsk, con 635.947 hab.). Máis ao sur, o lago penetra no óblast de Samara e logo forma unha curva case pechada na cal se sitúan, na marxe esquerda, as cidades de Togliatti (702.879 hab.) e Samara (antes Kuibyshev, localizada na confluencia co río Samara, que conta con 1.157.880 hab.) e Novokúibychevsk (112.973 hab.) onde desemboca o río Chapayevka; e, na marxe dereita, ao final da curva, a cidade de Syzran (188.107 hab). Pasada Samara comeza pronto a cola doutro longo encoro, o encoro de Saratov (1.831 km²), situado 357 km augas abaixo.

Sempre en dirección sur, o encoro penetra no óblast de Saratov, e tras pasar a presa, ao pé, na súa marxe esquerda, o río baña a cidade industrial de Balakovo (200.470 hab.). Ao pouco, tamén pola esquerda, o Volga recibe as augas do río Irgiz, nun dos poucos tramos intactos do antigo curso, e no que na marxe esquerda sitúase a cidade de Volsk (71.124 hab.). As formas características da paisaxe, constituído por prados e outeiros ao oeste e por unha beira plana ao leste, son aínda perceptibles entre Kazán e Volgogrado, aínda que os lagos dos encoros mergullaron as antigas beiras.

O Volga xira cara ao sueste, e pasa, na marxe esquerda, fronte á pequena cidade de Marks (32.849 hab.), e logo pola de Engels (200.800 hab.). Fronte a esta última, na outra ribeira, atópase a cidade de Saratov (873.055 hab.), un importante centro universitario. A partir de Marks, comeza xa a cola doutro longo encoro, o da presa de Volgogrado (3.117 km²), cunha lonxitude duns 540 km. A rexión pola que discorre o río comeza a facerse cada vez máis desértica. O encoro segue case en dirección sur, e penetra no óblast de Volgogrado e ao pouco baña a cidade de Kamyshin (127.891 hab.), situada na beira esquerda do lago. Máis abaixo da presa, atópanse as cidades de Volzhski (313.169 hab.), á esquerda, e 80 km augas abaixo, á dereita, Volgogrado (antes Zarizyn, daquela Stalingrado, con 1.011.417 hab.). Preto de Svetly Yar, comeza o canle Volga-Don, inaugurado en 1952 e que, tras 101 km, permite alcanzar o mar Negro.

O Volga describe unha curva en dirección suroeste e emprende o seu longo tramo final. Ao pouco internase no último dos óblast polos que discorre: o óblast de Astrakhan, e ao pouco, derívase un brazo, o río Akhtouba, que seguirá o seu propio curso paralelo á canle principal polo lado esquerdo ata desaugar no mar Caspio. Neste tramo, no curso do Volga, está a localidade de Akhtubinsk (45.542 hab.), na ribeira esquerda, e ao final do tramo, na marxe dereita, ao principio do delta formado polo río, atópase o último dos centros urbanos de importancia que baña o río, Astrakán (antes Itil, con 504.501 hab.). Unha parte do delta está protexido xa que a rexión é un lugar de tránsito para as aves migratorias. O río Volga, os seus brazos máis importantes, o Bakhtemir e o Tabola, e tamén o brazo Akhtouba, máis ao leste, desembocan todos no mar Caspio, o lago máis grande do mundo.

Hidroloxía

[editar | editar a fonte]

O Volga é alimentado nun 60% por augas procedentes da fusión das neves, un 30% por augas subterráneas e un 10% pola auga da choiva. O Volga posúe un réxime pouco regular, xa que a metade da auga que anualmente leva o río faio nun período de soamente seis semanas: de finais de abril a principios de xuño, no momento do desxeo, que comeza na parte sur da conca, para propagarse rapidamente a continuación cara ao norte. O nivel (altura da auga) do río está sometido a importantes flutuacións anuais: alcanza os 11 m en Tver; os 16 m antes do punto de confluencia co río Kama; e os 3 m na desembocadura, en Astrakán. Con todo, a construción de encoros no seu curso e no dos seus afluentes permitiu reducir considerablemente estas flutuacións.

A produción media interanual ou módulo do río é de 182 m³/s en Tver; de 1.110 m³/s en Yaroslavl; de 2.970 m³/s en Nizhnii Novgorod; de 7.720 m³/s en Samara; e de 8.060 m³/s en Volgogrado. Augas abaixo de Volgogrado, o río non recibe máis tributarios significativos e a evaporación determina unha diminución da súa caudal nun 2%. O caudal do río podía alcanzar antes como máximo 67.000 m³/s augas abaixo da confluencia co río Kama e 52.000 m³/s en Volgogrado, verténdose unha parte das augas nas chairas inundables dos arredores. A precipitación anual na conca é de 187 mm en Volgogrado, para un total de precipitacións recibidas de 662 mm. Antes da creación dos encoros, o Volga vertía nun ano na súa desembocadura 25 millóns de toneladas de sedimentos e de 40 a 50 toneladas de minerais disoltos. As augas do Volga alcanzan unha temperatura de 20-25 °C en xullo e permanecen libres de xeo 260 días ao ano en Astrakán.

Colonización do río

[editar | editar a fonte]

O pobos indíxenas do curso superior do Volga son os finlandeses meryas que están hoxe día asimilados polos rusos. Outros grupos finlandeses, como os mari e os mordves residen ao longo do curso medio do Volga. As poboacións turcas apareceron cara ao ano 600 e absorberon algúns grupos finlandeses e indoeuropeos instalados sobre o curso medio e inferior do río: en consecuencia, convertéronse nos chuvaxos cristiáns e os tártaros musulmáns, así como os nogayos hoxe día reinstalados en Daguestán. Os mongois budistas calmucos colonizaron o Volga no século XVII. A rexión do Volga alberga tamén Rusos Alemáns que foran alentados por Catarina II de Rusia a instalarse nestas terras para cultivalas e tamén para crear unha rexión tampón contra os ataques das hordas mongois do leste. Os Alemáns viñeron en gran número. Baixo o réxime soviético, unha parte da rexión converteuse na República socialista soviética dos Alemáns do Volga. Logo da II guerra mundial, Stalin disolveu a República e desprazou parte da súa poboación a outras rexións.

Véxase tamén: Alemáns do Volga.

Economía

[editar | editar a fonte]

O fértil val do río inclúe unha rexión de grande cultivo de trigo. Unha grande industria petrolífera céntrase sobre o val do Volga. Outros minerais inclúen gas natural, sal, e potasio.

Volgogrado e Nizhnii Novgorod son importante cidades manufactureiras sobre os bancos do Volga. Durante o réxime soviético, Nizhnii Novgorod foi pechada para os estranxeiros. Outras cidades importantes sobre o río inclúen Saratov, Kazan, Tolyatti, e Samara. Hai nove centrais hidroeléctricas principais e varios grandes lagos artificiais ao longo do Volga. Os maiores lagos son, de norte a sur, o Rybinsk, Nizhnii Novgorod, Samara, e encoros no Volgogrado.

Non foi ata logo da segunda guerra mundial cando a rexión desenvolveuse realmente: construíronse máis de 200 fábricas (ferramenta, automóbil) nas principais aglomeracións. Emprendéronse xigantescos traballos de adaptacións sobre o Volga e o seu afluente o Kama, para facer arterias de comunicación permanentes, producir electricidade e irrigar as terras de secaño situadas ao longo do curso inferior. A explotación logo da segunda guerra mundial de xacementos de petróleo e gases importantes ao longo da conca (90 Mtes de petróleo e 28 mds de m³ producidos durante o ano 2001) favoreceron a creación dunha importante industria petroquímica dinámica, aínda que os xacementos teñen tendencia hoxe en día a esgotarse. A parte central da conca do río é relativamente fértil, aínda que as precipitacións sexan moi irregulares dun ano para outro. Pola contra, as tentativas de rego das terras situadas máis ao sur non deron os resultados esperados. Ademais unha parte das terras cultivables, situadas na beira do mar Caspio inundáronse nos anos oitenta, tralo aumento do nivel do mar Caspio, que colleu aos especialistas de improviso. A conca do Volga é rica en recursos mineiros como a potasa e a sal. O delta do Volga, así como os accesos do mar Caspio, son ricos en peixe. Astrakán, situada sobre o delta do Volga, é o centro da industria de caviar.

Etimoloxía do nome do río

[editar | editar a fonte]

O nome ruso Во́лга aproxímase a palabras eslavas que designan o carácter “mollado“, “húmido“ (влага , волога). Este nome tradúcese en francés e en inglés por Volga e en alemán por Wolga. O nome podería tamén ter orixes finlandesas.

As poboacións turcas que viven a bordo do río chámano Itil ou Atil. Atila o Huno podería deber o seu nome ao río. Hoxe en día nas linguas vinculadas co turco, o Volga coñécese baixo o nome de İdel (Идел) en tártaro, Атăл (Atăl) en chuvaxo e İdil en turco. En lingua mari o río chámase Юл (Jul) utilizando a mesma raíz.

Se nos remontamos máis lonxe aínda no tempo, os escitas daban ao río o nome de Rha que pode asociarse á antiga palabra do sánscrito Rasah designando un río sagrado. Esta orixe consérvase no nome dado polos mordves ao río: Рав (Raw).

Acondicionamento do curso fluvial

[editar | editar a fonte]

No curso do Volga construíronse numerosos encoros para o aproveitamento hidroeléctrico e a regulación do caudal, de modo que practicamente apenas quedan tramos inalterados do curso do río. Seguindo augas abaixo o río, as presas son as seguintes (con ano de entrada en servizo, superficie de auga, volume embalsado, produción eléctrica):[2]

  • presa de Ivankovo (1937): 327 km²; 1,12 km³; 130 MkWh;
  • presa de Uglich (1940): 249 km²; 1,25 km³; 212 MkWh;
  • presa de Rybinsk (1941): 4.550 km²; 25,42 km³; 1.100 MkWh;
  • presa de Nijni Novgorodo (1955): 1.591 km²; 8,7 km³; 1.513 MkWh;
  • presa de Cheboksary (1980): 2.100 km²; 14,2 km³; 3.280 MkWh;
  • presa de Samara (tamén barrage de Kouïbychev, na confluencia co río Kama) (1955): 6.450 km²; 58 km³; 11.000 MkWh;
  • presa de Saratov (1967): 1.850 km²; 12,9 km³; 5.400 MkWh;
  • presa de Volgogrado (1958): 3.317 km²; 32,1 km³; 11.100 MkWh;

Afluentes do río Volga

[editar | editar a fonte]

O río Volga ten moitísimos afluentes, sendo os máis importantes os que recolle a táboa seguinte, ordenada en dirección auga abaixo. (Os tributarios dos afluentes, ordénanse en sentido inverso, desde a boca á fonte)

O río Volga e os seus afluentes
 
Ramal Nome afluente Desembocadura Lonxitude
(km)
Conca
(km²)
Caudal
(m³/s)
Tramo
E - Río Selizhárovka Río Volga 36 2.950 Curso Superior
E - Río Tvertsá Río Volga 188 6.510 60
- - Río Vazuza Río Volga 162 7.120
- - Río Shosha Río Volga 163 3.080
- D Río Dubná Río Volga 167 5.350
E - Río Medveditsa Río Volga 259 5.570 25,2
- D Río Nerl Río Volga 112 3.270 12,8
- - Río Kashinka Río Volga 128 661 4,5
E - Sistema Sheksnálago BéloyeKema—lago Kémkoye—río Soydo—lago Soydozero[3] Río Volga 441 19.000 139
E - Río Suda Río Volga 184 13.500 134
E - Río Mologa Río Volga 456 29.700 237
- - - Río Chagodoshcha Río Mologa 242 9.680 58
- D Río Kótorosl Río Volga 132 5.500
E - Río Kostromá Río Volga 354 16.000 71
E - Río Niomda Río Volga 146 4.750 28,9
E - Río Unzha Río Volga 426 27.800 158
E - Río Uzola Río Volga 147 1.920
- D Río Oká Río Volga 1.500 245.000 1.300
- - - Río Upa Río Oká 399 9.510
- - - Río Zhizdra Río Oká 223 9.170
- - - Río Ugra Río Oká 399 15.700
- - - Río Protva Río Oká 282 4.620
- - - Río Nara Río Oká 158 2.030
- - - Río Osyotr Río Oká 228 3.480
- - - Río Moscova Río Oká 502 17.600 250
- - - Río Pronia Río Oká 336 10.200
- - - Río Pra Río Oká 192 5.520 250
- - - Río Mokcha Río Oká 656 51.000
- - Río Tsna Río Mokcha 451 21.500
- - - Río Tiosha Río Oká 331 7.800
- - - Río Seriozha Río Tiosha
- - - Río Kliazma Río Oká 686 42.500
- - - Río Teza Río Kliazma 192 3.450
- - - Río Nerl Río Kliazma 75 53.000 400
- D Río Kudma Río Volga 144 2.200 Curso Medio
- D Río Kérzhenets Río Volga 290 6.410 19,6
- D Río Surá Río Volga 841 67.500
- - - Río Alátyr Río Surá 307 11.200
E - Río Vetluga Río Volga 889 39.400 255
- - - Río Usta Río Vetluga 253 6.030 28
E - Río Rutka Río Volga 153 1.950 7,32
- D Río Tsivil Río Volga 173 4.658 53
E - Río Bolshaya Kokshaga Río Volga 297 6.630 30
E - Río Málaya Kokshaga Río Volga 194 5.160
E - Río Ilet Río Volga 204 6.470
- D Río Sviyaga Volga 375 16.700 34
E - Río Kazanka Río Volga 142 2.600
E - Río Kama Río Volga 1.805 507.000 3.800
- - - Río Myosha (Мёша) Río Kama 204 4.180
- - - Río Shesma (Шешма) Río Kama 259 6.040
- - - Río Viatka (Вя́тка) Río Kama 1.314 129.000 890
- - - Río Kilmez (Кильмезь) Río Viatka 270 17.525 84,6
- - - Río Pizhma (Пижма) Río Kilmez 305 14.660
- - - Río Moloma (Моло́ма) Río Viatka 419 12.700 79,1
- - - Río Cheptsa (Чепца) Río Viatka 501 20.400 130
- - - Río Letka (Летка) Río Viatka 267 3.680 20,6
- - - Río Kobra (Кобра) Río Viatka 324 7.810 55,8
- - - Río Zaj (Зай) Río 270 4.540 16,9
- - - Río Iž (Иж) Río 259 8.510 34,1
- - - Río Ik Río Kama 571 18.000 45,5
- - - Río Belaya (Бе́лая) Río Kama 1.430 142.000 858
- - - Río Sjun (Сюнь) Río Belaya 209
- - - Río Bystry Tanyš ou só Tanyš (Танып) Río Belaya 345 7.560
- - - Río Dema (Дёма) Río Belaya 535
- - - Río Ufá (Караидель) Río Belaya 918 53.100 388
- - - Río Yuriuzán (Юрюзань) Río Ufá 404 7.240 55
- - - Río Ay (Ай) Río Ufá 549 15.000
- - - río Sim (Сим) Río Belaya 239 11.700 47,9
- - - Río Inser (Инзе́р) Río Sim 307 5.380
- - - Río Nuguš (Нугуш) Río Belaya 235
- - - Río Siva (Сива) Río Kama 206 4.870
- - - Río Chusovaya (Чусова́я) Río Kama 592 23.000 222
- - - Río Sylva (Сылва) Río Chusovaya 493 19.700
- - - Río Iren (Ире́нь) Río Sylva 214 6.110
- - - Río Usva (Усьва) Río Chusovaya 266 6.170
- - - Río Obva (Обва) Río Kama 247 6.720
- - - Río Inva (Иньва) Río Kama 257 5.920
- - - Río Kosva (Ко́сьва) Río Kama 283 6.300 90
- - - Río Jajva (Яйва) Río Kama 304 6.250
- - - Río Víshera (Ви́шера)
(o sistema Víshera-Kolva chega os 520 km)
Río Kama 415 31.200
- - - Río Kolva Río Víshera 460 13.500 457
- - - Río Yazva Río Víshera 135 5.900
- - - Río Kosa (Коса) Río Kama 267
- - - Río Vesljana (Весляна) Río Kama 266 7.490
E - Río Bolshói Cheremshán Río Volga 336 11.500 36,1 Curso Inferior
- D Río Usa Río Volga 76 2.240 16,1
E - Río Sok Río Volga 364 11.700 33,3
E - Río Samara Río Volga 863 46.500 47,2
- - - Río Buzuluk Río Samara 248 4.460 7,7
E - Río Chapayevka Río Volga 298 4.310 2,53
E - Río Mali Irgiz Río Volga 235 3.900 6,4
E - Río Irgiz (o Bolshoi Irgiz) Río Volga 675 24.000
- D Río Terioshka Río Volga 213 9.710 17,5
E - Río Yeruslán Río Volga 278 5.570
- - Río Ajtuba (brazo do Volga) Río Volga 537 153
Os sirgadores do río Volga (1870-1873) Iliá Yefímovich Repin

Os antigos gregos coñecían o Volga baixo o nome de río Rha. O antigo Tolomeo de Alexandría mencionou o Volga na súa Geographia. No folclore ruso, o Volga coñécese co nome de Nai Volga debido á súa importancia. O río constituíu durante varios séculos a fronteira oriental de Rusia. O río xogou un importante papel nos grandes movementos de xente de Asia a Europa. Na alta Idade Media, os pobos eslavos establecéronse no seu curso superior, mentres que os búlgaros establecíanse no seu curso medio (os búlgaros do Volga, do século VIII ao século XIV) e os xázaros no seu curso inferior. Estes últimos estableceron en Itil, cerca do delta do Volga, a capital dun “imperio” transitorio (século VIII - século X) que se estendeu desde Kíiv aos montes Urais, en detrimento dos eslavos orientais e dos búlgaros do Volga. Coñécense sobre todo por converterse a xudaísmo, antes de ser vencidos polos exércitos do Gran Duque de Kíiv Sviatoslav I no ano 965.

É durante este período cando o Volga se converteu na principal vía comercial ao leste de Europa. Controlada polos mongois da Horda de Ouro augas abaixo de Nizhnii Novgorod no século XIII. Foi disputada no século XV polos khanatos de Astracán e de Kazán. Nos séculos XVI e XVII o Volga sobre o que se atopaba a capital da Horda de Ouro -Saraï, preto da actual Volgogrado xogou un papel preponderante nas conquistas dos cosacos que a fixeron pasar baixo o control de Moscova. Logo da toma de Kazán por Iván o Terrible en 1552 e logo a de Astrakán en 1556, todo o curso do río pasou baixo o control do imperio ruso. Para sentar a súa influencia sobre a rexión, construíronse numerosos kremlins na beira dereita máis escarpada. Entre estes, algúns pasaron a ser grandes aglomeracións: Saratov creada en 1590, Tsaritsyn (hoxe día Volgogrado) en 1589, Simbirsk (hoxe en día Ulianovsk) en 1648, Samara en 1648. O poboamento da rexión foi encargado a colonos rusos, aos cosacos e aos alemáns que fuxían da súa terra superpoboada e atraídos pola oferta de instalación da raíña Catarina II de Rusia (1767). O Volga converteuse nun eixe de comunicacións que facilitou a extensión rusa por Siberia e polo mar Caspio en particular, baixo Stenka Razin. Nesta época, a rexión do baixo Volga estaba ocupada principalmente por poboacións mongois, turcas e finlandesas.

O ferrocarril, no século XIX consolidou a preponderancia das cidades construídas ao longo do río. As actividades destes centros urbanos relacionábanse co comercio: os almacéns de fariña, a industria de peixe; a construción naval e o mantemento do material ferroviario. Pero a rexión permaneceu globalmente á marxe da revolución industrial ata os anos trinta, data na cal construiose o primeiro complexo metalúrxico e unha fábrica de tractores (en Stalingrado).

Colonización do río

[editar | editar a fonte]

Os pobos indíxenas do curso superior do Volga son os finlandeses meryas que están hoxe en día asimilados polos rusos. Outros grupos finlandeses, como os maris e os mordves residen ao longo do curso medio do Volga. As poboacións turcas apareceron cara ao ano 600 e absorberon algúns grupos finlandeses e indoeuropeos instalados sobre o curso medio e inferior do río: en consecuencia, convertéronse nos chuvaxos cristiáns e os tártaros musulmáns, así como os nogayos hoxe en día reinstalados en Daguestán. Os mongois budistas calmucos colonizaron o Volga no século XVII. A rexión do Volga alberga tamén rusos alemáns que foran alentados por Catarina II de Rusia a instalarse nestas terras para cultivalas e tamén para crear unha rexión tampón contra os ataques das hordas mongois do leste. Os alemáns viñeron en gran número. Baixo o réxime soviético, unha parte da rexión converteuse na República socialista soviética dos Alemáns do Volga. Logo da II guerra mundial, Stalin disolveu a república e desprazou parte da súa poboación a outras rexións.

Volgogrado foi testemuña da batalla de Stalingrado, a principal vitoria da Unión Soviética sobre Alemaña na segunda guerra mundial.

Os profundos sentimentos rusos para co Volga a miúdo atópanse reflectidos nas súas cancións e literatura.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A rexión do Volga é tamén fogar para un grande grupo minoritario alemán, os alemáns do Volga. Baixo a Unión Soviética un grande anaco da rexión converteuse na República Autónoma Socialista Soviética Alemá do Volga para fogar dos alemáns do Volga.

Galería de fotos

[editar | editar a fonte]
  1. Salvo que se diga expresamente, todos as poboacións das distintas localidades que se citan neste artigo refírense ao censo de 2002.
  2. Datos obtidos Géographie des voies d'eau intérieures d'URSS, de V. Toniaev.
  3. O río Sheksná, cunha lonxitude nominal de 139 km, é o último elemento dunha importante rede. Se se considera coas súas fontes, o sistema Sheksná—lago Béloyerío Kema—lago Kémkoye (Кемское озеро)—río Soydo (Сойда) —lago Soydozero (Сойдозеро) (e as súas pequenas fontes), alcánzanse os 441 km (139 55 150 12 69 16). (Nota: As distancias entre bocas nos lagos, así como as pequenas fontes do lago Soydozero medíronse cuidadosamente coa ferramenta de medición de distancias de GoogelMaps.)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]