Saltar ao contido

Río Teusacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Teusacá
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaColombia Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRío Bogotá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 4°34′N 74°02′O / 4.56, -74.03
O río Teusacá desemboca no río Bogotá, xusto ao norte da marca de 2550 m.

O río Teusacá é un río dos cerros Orientais de Bogotá e da sabana de Bogotá. É un afluente esquerdo do río Bogotá, en Colombia. O río, de 69 quilómetros de lonxitude, nace La Calera unha altitude de 3.560 metros no Alto Los Tunjos, Santa Fe, e flúe cara ao norte polos concellos de La Calera, Guasca e Sopó, para desembocar no río Bogotá en Cajicá a unha altitude de 2.554 metros. A parte alta da conca do río Teusacá ten un ecosistema de páramo cos páramos de Chingaza, El Verjón e Cruz Verde que rodean o río. O encoro de San Rafael en La Calera, importante fonte de auga para a capital colombiana, nútrese do río Teusacá.

O Páramo de Cruz Verde atópase na conca do río Teusacá.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Teusacá provén do muisca, a lingua indíxena do pobo muisca que habitaba o altiplano cundiboyacense antes da conquista española. Teusacá era o nome dun asentamento da Confederación Muisca, posiblemente na conca de Teusacá entre Guasca e Usaquén.[1]

  1. Broadbent, 1974, p.123

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Broadbent, Sylvia M. 1974. La situación del Bogotá Chibcha - The Chibcha Bogotá situation. Revista Colombiana de Antropología 17. 117–132. Consultado o 9 de marzo de 2017.
  • Ecoforest, _. s.a. Elaboración del Diagnóstico, Prospectiva y Formulación de la Cuenca Hidrográfica del río Bogotá - Subcuenca del río Teusacá – 2120-13, 1–447. Ecoforest.
  • Montoya Arenas, Diana María e Germán Alfonso Reyes Torres. 2005. Geología de la Sabana de Bogotá, 1–104. INGEOMINAS.
  • Muñoz Real, Sandra Liliana e Diana Carolina Beltrán Carvajal. 2010. Perfíl ambiental de la subcuenca del Río Teusacá de la cuenca alta del Río Bogotá, 1–331. Universidad de la Salle. Consultado o 9 de marzo de 2017.