Río Save
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Serbia e Albania | ||||
Final | |||||
División administrativa | Baden-Württemberg, Alemaña | ||||
Localización | Río Danubio | ||||
| |||||
Afluentes | 37 | ||||
Conca hidrográfica | conca do río Sava e conca do Mar Negro | ||||
Características | |||||
Dimensións | 945 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 95.719 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 1.722 m³/s | ||||
O río Save[1] ou Sava[Cómpre referencia] (en alemán: Save, en esloveno: Sava, en húngaro: Száva) é un río que pasa por Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Serbia. É un afluente dereito do río Danubio, confluíndo en Belgrado. Ten 940 km de longo. No tempo dos romanos era coñecido como Savus. Considérase o límite norte dos Balcáns.
Localización e características
[editar | editar a fonte]O Sava ten dúas fontes principais, ambas as dúas na rexión alpina do noroeste de Eslovenia. A fonte do Sava Dolinka atópase en Zelenci, preto de Kranjska Gora. O Savica ("pequeno Sava"), que verte as súas augas no lago Bohinj saíndo despois como Sava Bohinjka, é a outra fonte. Os dous brazos do Sava xúntanse en Radovljica e o río toma o nome de Sava a partir deste punto.
Os seus afluentes máis importantes son desde o nacemento ata a desembocadura son os ríos Ljubljanica, Savinja, Mirna, Krka, Sotla, Kupa, Lonja, Orljava, Bosut, Una, Vrbas, Ukrina, Bosna, Tinja, Lukovac, Drina e mais o río Kolubara.
O Sava pasa polas seguintes cidades: Kranj, Zagorje ob Savi, Trbovlje, Hrastnik, Radeče, Liubliana, Zidani Most, Sevnica, Krško e Brežice en Eslovenia, Zagreb, Sisak, Slavonski Brod e Županja en Croacia, Bosanski Šamac e Brčko en Bosnia-Hercegovina e Sremska Mitrovica, Šabac e Belgrado en Serbia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciclopedia do século 21, tomo 3, O-Z, p. 1899. (Ed. Cumio, Galaxia, Do Castro, 2007).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Save |