Río Ouro
Tipo | río Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
Localización | Serra do Xistral | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España | |||
Localización | Provincia de Lugo | |||
Desembocadura | Mar Cantábrico | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 109,20616 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349680 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES1120013 | |||
Medicións | ||||
Caudal | 3,4 m³/s | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2004 | |||
O río Ouro pertence á vertente cantábrica e recorre os concellos de Valadouro, Alfoz e Foz ata chegar ao esteiro ou ría de Fazouro.[1] Nace na serra do Xistral,[2] na parroquia do Pereiro (Alfoz) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 30 quilómetros[3] e forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz.
Agás as áreas do seu nacemento, as ribeiras do río Ouro e o seu esteiro están protexidas como zona especial de conservación (ZEC) río Ouro.[1]
Intervención humana
[editar | editar a fonte]Aproveitamento
[editar | editar a fonte]Na súa parte alta está a fervenza do Escouridal. Nese tramo predominan os rápidos e augas claras con abundante troita común, de pequeno tamaño. A medida que chega ao val, o río ensánchase e as súas augas discorren máis lentas, dando lugar a meandros, largas táboas e pozas. Na súa parte baixa (parroquias de Santo Acisclo e Fazouro) pódese pescar o reo, especie que todos os anos remonta o río procedente da ría para desovar.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Campo da Cruz (paraxe), segundo que aparece na lista" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 15/11/2015.
- ↑ Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 130. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz. O Valadouro é concello ó norte da provincia de Lugo.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |