Río Olt
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
País da cunca | Romanía | |||
División administrativa | Romanía | |||
Final | ||||
División administrativa | Baden-Württemberg, Alemaña | |||
Localización | Río Danubio | |||
| ||||
Afluentes | 269 | |||
Conca hidrográfica | conca do Danubio | |||
Características | ||||
Dimensións | 615 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 24.050 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 174 m³/s | |||
O río Olt (en romanés e en húngaro; alemán: Alt; latín: Aluta ou Alutus) é un río de Romanía, un afluente da marxe esquerda do río Danubio. A súa lonxitude total é de 615 km e drena unha cunca hidrográfica de 24.050 km².
O río atravesa os distritos romaneses de Harghita, Covasna, Braşov, Sibiu, Vâlcea e Olt.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nace nas ladeiras das montañas de Hăşmaşu Mare dos montes Cárpatos Orientais. Flúe en dirección oeste, posteriormente vira para o sur, despois atravesa transversalmente a cordilleira dos Alpes de Transilvania e desemboca no río Danubio, preto de Turnu Măgurele (30.187 hab. en 2002[1]).
Este río era coñecido na antigüidade romanesa como Alutus ou Aluta. O distrito de Olt e a provincia histórica de Oltenia, teñen o seu nome debido ao río.
Nas súas ribeiras encóntranse as cidades de Bălan (7.902 hab.), Sândominic (6.401 hab.), Miercurea-Ciuc (42.029 hab.), Sfântu Gheorghe (61.543 hab.), Făgăraş (40.126 hab.), Brezoi (6.859 hab.), Călimăneşti (8.923 hab.), Râmnicu Vâlcea (107.726 hab.), Drăgăşani (22.499 hab.), Slatina (79.171 hab.) e Drăgăneşti-Olt (12.195 hab.).
O río ten moitísimos afluentes, aínda que ningún deles de grande importancia, salvo o río Oltet, no seu curso baixo, con 186 km de lonxitude e unha cunca de 2.474 km².
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Todos os habitantes das cidades romanesas que se citan neste artigo corresponden ao censo do ano 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Olt |