Saltar ao contido

Río Noguera Pallaresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Noguera Pallaresa
Imaxe
Tipocurso de auga
río Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial1.875 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaNaut Aran, España Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final255 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaNoguera, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCamarasa Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Segre Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°42′43″N 0°56′58″L / 42.71185, 0.949519
41°54′23″N 0°53′24″L / 41.9064, 0.8901
Afluente
50
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño154 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.820 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal37,1 m³/s Editar o valor en Wikidata

A Noguera Pallaresa é un río de España, do nordés da Península Ibérica, que nace nos Pireneos e é afluente do río Segre, á súa vez afluente do río Ebro. O seu curso transcorre integramente pola provincia de Lleida, en Cataluña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río Noguera Pallaresa nace en Pla de Beret, no val de Arán, a poucos metros do nacemento do río Garona. A diferenza do seu río irmán, que se dirixe cara ao océano Atlántico, a Noguera Pallaresa diríxese cara á o sur, e atravesa Pallars, primeiro Pallars Sobirà, e tras atravesar o desfiladeiro de Collegats, o Pallars Jussà. Neste punto úneselle o río Flamisell tras pasar La Pobla de Segur. A Noguera Pallaresa é historicamente o eixo de comunicación principal e ao redor do cal articúlase a vida destas comarcas. Desemboca na beira dereita do Segre poucos quilómetros tras abandonar as comarcas que lle dan nome, polo desfiladeiro de Terradets, que atravesa a serra do Montsec, xusto antes de chegar ao pantano de Camarasa, na comarca de Noguera. Ten 154 quilómetros de lonxitude.